AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Para o vindeiro curso 2019-20 hai tres tipos de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar polo alumnado de centros públicos, segundo a Orde de 3 de maio de 2019 (DOG 20/05/19):

1º) AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO:

            Para o alumnado de 1º e 2º de educación primaria e para o de educación especial

            A este alumnadoproporcionaráselle un vale para mercar os libros, se cumpren os requisitos esixidos:

PRIMARIA:Até 5.400 € de renda per cápita, un vale de 170 €

De 5.400 € até 9.000 € de renda per cápita, un vale de 90 €

 

E.E.:Con discapacidade igual ou superior ao 65%, un vale de 250 €.

 

2º) FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

            Para o alumnado de3º, 4º, 5º e e 6º de educación primaria e1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria, que non participe no programa E-DIXGAL.

            Proporcionaránselle ao alumnado os libros de texto necesarios que existan no fondo solidario até que se esgoten, en orde inversa á renda per cápita do alumnado.

           

3º/ AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de Primaria, E.S.O. e E.E. que non supere os 5.400 € de renda per cápita familiar, un vale por importe de 50 € (Pódense incluír os caderniños).

 

SOLICITUDES:

            Poderanse realizar a través da aplicación Fondo Libros, https://edu.xunta.es/fondolibros ou da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

            As solicitudes en papel, entregaranseno centro docente (oficina administrativa) ou nos rexistros oficiais, xunto coa documentación correspondente, entre o 21 de maio e o 21 de xuño, ambos incluídos.

Os impresos de solicitude poderán obterse no centro escolar, na aplicación Fondo Libros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e tamén se poderán descargar na páxina http://www.edu.xunta.gal, na sede da Xunta http://www.xunta.galou na páxina web do centro.

Cubrirase unha soa aolicitude por alumno/a e, se hai varios membros da unidade familiar no mesmo centro, tamén se cubrirá un só impreso para todos.

 

            ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO:

A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro o día 12 de xullo de 2019. Poderase formular reclamación contra a mesma durante os 2 días seguintes.

A relación definitiva publicarase polos medios anteriormente mencionados o 18 de xullo para educación primaria e o 13 de setembro para educación secundaria.

Os libros entregaranse ao alumnado beneficiario do fondo solidario o día de inicio das clases.

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS:

            Os libros do curso actual 2019-20, adquiridos con axudas públicas, devolveranse no centro antes do día 21 de xuño, agás en educación secundaria aquel alumnado que os necesite para preparar a convocatoria extraordinaria de setembro, que poderá ter os libros que necesite ata o 6 de setembro. O alumnado de 1º e 2º de primaria, non ten que devolvelos por non ser reutilizables. A non devolución dos mesmos supón a exclusión das axudas para o vindeiro curso.

Tamén se agradece a todo aquel alumnado de primaria e/ou de secundaria que os adquiriu con fondos propios, a súa entrega no centro para incrementar o Fondo Solidario.

Todo o alumnado que pida  calquera clase de libros, ten que solicitalos neste prazo.

Ares, 21 de maio de 2019

 

Para máis información: