PARABÉNS!!!! TANTO AO ALUMNADO DE 3º ESO B , A LUCÍA COUCEIRO POLO, ALUMNA DE 2º ESO E AO PROFESORADO DE MATEMÁTICAS

  • A Dirección do CPI As Mirandas felicita á alumna do noso centro, Lucía Couceiro Polo de 2º de ESO seleccionada  para a proba zonal da XIX Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA e  premiada para participar na Proba Autonómica o vindeiro 18 de maio en Lugo.

     

    Parabéns, Lucía!

     

    Parabéns tamén á profesora de matemáticas, Belén Morón.

     

    Desexamoslle que disfrute do día e logre pasar á fase nacional.

  • III EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA

 A Dirección transmite os Parabéns!! a este equipo gañador, alumnado de 3º ESO B e profesorado de matemáticas deste centro e desexámoslles que disfruten do premio: "Unha fin de semana en Tui"con todos os gastos pagos, onde realizarán un “Encuentro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal, e realizarán visitas turísticas e competicións amistosas entre eles. 

A profesora de matemáticas, María del Rosario Segura, confirma que este premio se debe  a unha gran

motivación e disfrute diario da materia por parte do seu alumnado.

 

 

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.

IMG-20170501-WA0002.jpg

 

 

 

 

 

  • XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO

 

Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o noso centro toma parte nesta actividade coa participación de catro alumnos:

- Pablo Cartelle Filgueiras, de 2ºA

- Lucía Couceiro Polo, de 2º A

- Raúl Nogueras Anca, de 2ºA

- Martín Rodríguez Sanjuán, de 2ºB.

 A fase local tivo lugar o día 27 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase sairán o 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 18 de maio na cidade de Lugo.

Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local.  

 

20170427_103652.jpg

20170427_130411.jpg

 

¡¡¡ Moita sorte rapaces !!!