FIN DE CURSO 2014-2015 E FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2015-2016

FIN DE CURSO 2014-2015

O día 18 de xuño a ANPA participará e porá a disposición do noso alumnado a contratación dunha empresa con monitores e atraccións (hinchables) na pista polideportiva e no patio de infantil durante toda a mañá.

O presente curso escolar remata o día 19 de xuño ás 13:30h. Non haberá comedor escolar.

  • ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS
    • Educación Infantil e Primaria o día 19 de xuño.
    • Educación Secundaria o día 23 de xuño (ás 10:30h.)

           Período de reclamacións:

    • En Primaria. Ao final de ciclo/curso, ante a Dirección do centro, no prazo 5 días, tal como se recolle na Orde do 22 de xullo de 1997 da Consellería de Educación (D.O.G. 02/09/1997).
    • Na ESO, ao final de curso ante a Xefatura de Estudos no prazo de 2 días lectivos tal como se recolle na Orde do 28 de agosto de 1995 do Ministerio de Educación (B.O.E. 20/09/95).

 MATRÍCULA PARA O CURSO 2015-2016

 

ALUMNADO PRAZO MATRÍCULA DOCUMENTACIÓN
INFANTIL E PRIMARIA 

Do 20 ao 30 de xuño, só para o alumnado de nova incorporación ao centro. (O alumnado do centro matricularase automáticamente).

Sobre de matrícula que se recollerá no centro

NOTA: O alumnado que vaia continuar do centro ten  a obriga de comunicar a variación dos datos persoais cubrindo un documento proporcionado na secretaría do centro, os cambios na opción de relixión, e o alumnado de 1º de primaria as autoria¡zacións antes do 19 de xuño. (Arquivos adxuntos).

E.S.O.

Do 25 de xuño ao 10 de xullo, só para o alumnado que superen o curso na avaliación ordinaria de xuño .

Do 1 ao 8 de setembro para o alumnado que realice a avaliación extraordinaria de setembro.

Sobre de matrícula  debidamente cuberto que se recollerá no cento.

1 fotografía tamaño carnet con nome e apelidos do laumno/a escrito por detrás.

Copia do ingreso na conta 2080-0211-61-3040003372 de ABANCA do importe do Seguro Escolar (1,12 euros) só alumnado de 3º e 4º ESO.

Fotocopia do D.N.I. 

 

 

 

  •  


         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    

    O horario de oficina administrativa será de 9:30 a 13:30h.

  • LIBROS DE TEXTO

         Para o vindeiro curso escolar publicáronse dous tipos de convocatorias para axudar á consecución dos libros de texto por parte do alumnado galego.

         Toda a información no arquivo adxunto e neste  enlace 

 

  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:
    • As solicitudes de servizo de transporte e/ou comedor escolar realizaranse antes do 10 de xullo independentemente da matrícula, no impreso e documentación que ten  a disposición no seguinte enlace.
    • IMPRESO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE E COMEDOR 

       

AdxuntoTamaño
Autorizacións dereitoimaxe e saída entorno.pdf36.41 KB
Documento Datos Persoais.pdf29.41 KB
Doc. Eleccíón Relixión.pdf16.21 KB
Doc. Libros Texto.pdf46.03 KB
Doc. Eleccíón Relixión.pdf16.21 KB
Solicitude Transporte e Comedor Curso 2015-2016.pdf168.06 KB
Libros Infantil.pdf189.79 KB
Libros EP.pdf222.9 KB
Libros texto ESO.pdf240.29 KB