PROGRAMA DE ASPANEPS "PONTE NO MEU LUGAR" PARA O ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

    A Concellaría de Educación, que dirixe José Juan Vilar, e a entidade Aspaneps levaron ao CPI Conde de Fenosa o programa “Ponte no meu lugar”, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado de 6º de Primaria e o profesorado.
    Tanto na mañá do pasado xoves como na do venres, os responsables deste programa levaron a cabo diversas actividades cos nenos e nenas, que poideron constatar as dificultades coas que persoas invidentes, xordas ou con problemas de movilidade pódense atopar nas súas rutinas diarias nun centro escolar, neste caso o de Ares.
   O programa “Ponte no meu lugar” desenvólvese en dúas fases:


  • A primeira, a do traballo cos Mestres e alumnado de 6º co apoio de carteis temáticos e unha película para comentar cómo se vive o feito de ser tratado de maneira diferente.

  •  A segunda fase é de vivir en primeira persoa esas dificultades, realizando un circuito cos rapaces e rapazas. Este circuito tiveron que facelo en cadeira de rodas, cunhas vendas nos ollos ou cuns cascos nos oídos. 

 

Estivo tamén presente nunha das xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro. Nesta xornada, Aspaneps entregou á nosa directora, Blanca Cortizas, o diploma acreditativo da realización do programa levado a cabo.
Máis información no noso blog:http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2013/05/programa-de-aspaneps-ponte-no-meu-lugar.html