try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
">
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

FORNOS SOLARES COMO MAQUETAS DE EXPERIMENTACIÓN BIOCLIMÁTICA

FORNOS SOLARES COMO MAQUETAS DE EXPERIMENTACIÓN BIOCLIMÁTICA

Partindo dunha caixa de cartón recuperada, reciclando cartón vello, papel de aluminio de cociña, un pouco de cola branca e un plástico transparente pódese construír unha maqueta de experimentación bioclimática que reproduce os compoñentes básicos dunha casa: paredes, chan, teito e unha ventá que orientar ó sol.

Unha ferramenta didáctica que permite traballar moitos conceptos teóricos: Aproveitamento de recursos. Reciclaxe. A transformación da luz solar en calor. A transmisión de calor. Eficiencia enerxética. A importancia do illamento. A hermeticidade das ventás. A inercia térmica. A traxectoria do sol ó longo do ano. Altura e acimut solar. A orientación dos edificios para o aproveitamento solar. Proteccións solar para evitar sobre-quentamento. Deseño bioclimático. Emprazamento para que todas as edificacións poidan aproveitar o sol. Urbanismo bioclimático…

Entre unha caixa e unha casa hai dúas letras, unha cuestión de escala e dimensións, pero fundamentalmente hai unha enorme diferenza económica. Poucos propietarios deixarán facer experimentos coa construción da súa casa, polo que é preciso ter conceptos de deseño bioclimático moi ben asentados para poder ofrecer este criterio de deseño ós futuros clientes dos nosos alumnos.

Se esa maqueta de experimentación pode acadar temperaturas de ata 150°, entra en xogo a seguinte cuestión: ¿Cómo non somos capaces de conseguir unha temperatura de confort nunha casa aproveitando o sol?

Esta maqueta de experimentación bioclimática ten un valor engadido, pois ademais cociña. Esto incorpora un xeito lúdico e motivador na experimentación, xa que cando se introduce o alimento cru na pota e tres horas mais tarde estamos coméndoo, o que non vamos poñer en dúbida é que a enerxía solar funciona.

Empregamos os fornos solares como un recurso didáctico desde 1993, recibindo o Premio á Innovación Educativa en Enerxías Renovables en Galicia 2004.

Instruciones para la construcción de un horno solar – maqueta bioclimática (Castellano) aquí.

Posta en práctica dos fornos no encontro solar 2014

Posta en práctica dos fornos no encontro solar 2015

Encontro solar 2016

Si detecta algún erro ou desexa realizar unha suxestión, rógase remitila por correo electrónico a: juanbello@edu.xunta.es

Moitas grazas.

 

Retorno á páxina principal do portal de Biocontrución Someso:

Logo Bioconstrucción Someso