try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Quen somos e que facemos

O Departamento de Edificación e Obra Civil forma parte do CIFP Someso desde 2004 co traslado desde o IES Fernando Wirtz no que, como Departamento de Delineación, levaba un longo percorrido.

A partires de 2000 desenvólvense unha serue de actividades encamiñadas a introducir na formación específica dos alumnos temas que nese momento non tiñan reflexo significativo no curriculum: Bioconstrución e Enerxías Renovables.

As modestas actividades iniciais desenvolvidas no IES Fernando Wirtz permiten coller experiencia  e co cambio ó que entón era o IES Someso esta iniciativa, pouco a pouco, vai adquirindo carácter.

En 2007 adoptase a denominación “Bioconstrución Someso” como un xeito de identificación de un traballo cada vez máis recoñecido e valorado.

Bioconstrución Someso ten unha vocación integradora e pretende facer extensivo ó conxunto do centro os conceptos fundamentales da bioconstrución cunha expresión sinxela:

“De casas sas e ecolóxicas a cousas sas e ecolóxicas”

A incorporación desta reflexión permite levar os parámetros de identidade da bioconstrución (saúde e ecoloxía) a calquera especialidade profesional e as actividades desenvolvidas no conxunto do centro, de xeito que TODOS PODEMOS FACER BIOCONSTRUCIÓN, cada un no seu ámbito…

Son moitas as iniciativas que permiten acercarse cada vez máis á bioconstrución, con diferente alcance. Unhas limítanse a definir as características dun exercicio de clase, introducir unha actividade complementaria na programación ou a realizar traballos cos alumnos para presentar a premios. Outras a orientar traballos non docentes do centro transformándoos nun recurso didáctico, a definir protocolos dun departamento (p.ex. a xestión dos residuos) ou a desenvolver proxectos conxuntos de varios departamentos. Organización de xornadas técnicas ou participación en proxectos internacionais. Colaboración con outras entidades ou divulgación en medios de comunicación. Son moitas as escalas de proxección da bioconstrución.

Bioconstrución Someso, na actualidade, defínese máis por o conxunto de actividades desenvolvidas que por un equipo persoal concreto.

Na nosa traxectoria, podemos destacar:

  • 10 Xornadas de Bioconstrución e Enerxías Renovables
  • Agrupamento de centros de seis comunidades autónomas: “Propuestas para una construcción sostenible: Bioconstrucción”
  • 4 Xornadas de Bioconstrución para profesores de Galicia
  • Proxecto Leonardo da Vinci de mobilidade a Berlín: “Experiencias en bioconstrución en Europa”.
  • Proxecto Leonardo da Vinci de asociación sobre construción ecolóxica “For Tomorrow” (Toulouse - Viena - Eberswalde - A Coruña)
  • Formación Internacional en Construción Ecolóxica con Balas de Palla (Berlín - Brandenburgo - Letonia - Galicia)
  • Proxectos de Innovación en FP: “Recursos didácticos para la construcción bioclimática” (estatal) e “Solucións enerxéticas e de climatización natural na bioconstrución” (autonómico)

Animarte desde aquí a desenvolver a bioconstrución no teu ámbito, persoal ou profesional. Seguro que atopas algún aspecto a mellorar baixo o prisma do respecto pola saúde e a ecoloxía.