try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

AGUEIRO

A quen vai dirixido?

    Profesorado
    Todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de ensino non universitario, pode acceder ao seu espazo persoal en Agueiro con só introducir os seus datos de identificación corporativa, é dicir, o mesmo usuario e contrasinal que usa para acceder á súa conta de correo electrónico "usuario@edu.xunta.es".

    Centros educativos
    Os centros educativos que o soliciten, poderán dispoñer da súa propia comunidade educativa virtual dentro de Agueiro, da que poderán formar parte tanto os profesores como os alumnos do propio centro.
    Cada unha destas comunidades terá o seu propio administrador (un responsable do centro educativo) e os seus propios xestores (os profesores/as do centro) que serán os encargados de realizar o mantemento e a xestión íntegra da súa comunidade.
    As comunidades proporcionan funcionalidades adicionais aos usuarios que pertencen a elas, como son a creación de grupos, contidos específicos dos grupos, ferramentas colaborativas, foros de debate, etc

    Alumnado
    Os centros educativos que xa dispoñan dunha comunidade educativa virtual en Agueiro, poden dar de alta aos seus propios alumnos.
    Os alumnos, dispoñen do seu propio espazo persoal privado así como tamén teñen acceso a todas as funcionalidades propias das comunidades.

acceso: https://www.edu.xunta.es/agueiro/

Guía metodolóxica

Titorial

AdjuntoTamaño
agueiro-guia-metodoloxica.pdf295.16 KB
agueiro tutorial.pdf1.44 MB