try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Certificación de Calidade ISO 9001

O CIFP SOMESO recoñecido coa Certificación de Calidade ISO 9001


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe o acto de recoñecemento da certificación de calidade ISO 9001 aos 17 centros da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional.

O director do CIFP Someso, D. Félix Rodil Álvarez recolle a certificación

Durante o encontro, realizado no ourensán CIFP A Farixa o conselleiro destacou a labor que están a realizar e sinalou que con esta distinción avánzase un paso máis na implantación e normalización de sistemas de xestión nos centros educativos?, ao que destacou que o certificado significa que un organismo externo distingue, con criterios de valoración obxectivos, o sistema de xestión de todos e cada un dos centros integrados de Formación Profesional, tanto os que xa estaban traballando na xestión da calidade, como os que se sumaron o pasado curso á rede e a ese proceso de certificación. Un proceso que comezou no ano 2010 e que agora culmina con éxito.

Acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e xunto ao director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; a subdirectora xeral de FP, María Eugenia Pérez; e a responsable de operacións e técnoloxía da delegación AENOR en Galicia, Rebeca Fernández Pérez

No relativo á Rede de CIFP Vázquez Abad afirmou que temos creado unha estrutura para o futuro, capaz de responder aos novos retos que a sociedade globalizada e competitiva na que nos tocou vivir nos demanda.