Probas libres

Notas definitivas Probas Libres Curso 2019-20

A través do seguinte enlace pódese acceder ás notas da 1ª parte das Probas Libres 2019-2020. Por motivos de protección de datos non se publicarán os nomes das persoas presentadas, senón só unha parte dos díxitos que compoñen o seu DNI. Acceder a través do seguinte enlace:

 

http://portadaauga.es/acreditacion-e-probas/

Horarios Probas Libres Curso 2019-20

Os horarios das Probas Libres do presente curso 2019-2020 atópanse publicados na nova web do centro. http://portadaauga.es/

Poderédelos atopar na ligazón de "Acreditación e Probas"

Bibliografía PROBAS LIBRES

Pode consultar a bibliografía para PROBAS LIBRES 2019-20 nos seguintes ficheiros adxuntos:

Notas Probas Libres 2019 segunda parte e final.

1ºArquivo notas de CM Electromecánica, CS Educación Infantil, CS Administración e Finanzas, CS de Automoción (incompleto)

2ºArquivo nota de CS Automoción (incompleto)

( categories: )

Aberto o prazo de presentación de solicitudes Probas Libres 2019

 

Ábrese o prazo de matrícula para as probas libres.

Consulta aquí as solicitudes admitidas.

 Toda a información sobre esta convocatoria no seguinte enlace

http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

 

( categories: )

Titulación e acreditación de Probas Libres

As persoas que superen módulos profesionais a través das probas libres terán dereito a que se lles expida un certificado académico dos módulos profesionais superados, o cal terá, ademais dos efectos académicos, efectos de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema nacional de cualificacións e formación profesional, de acordo co establecido no artigo 43.4 da Orde do 12 de xullo de 2011. O modelo de certificación será o establecido no anexo XI da devandita orde.

( categories: )

Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2014-2015

Prazo de solicitude de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2015 ata as 13:00 h.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Calendario de admisión

Solicitudes: 

  • Presentación de solicitudes: do 17 ao 30 de abril ata as 13:00 horas
  • Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio
  • Reclamación contra a listaxe provisional: do 7 ao 11 de maio ata as 13:00 horas
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio

Adxudicación e matrícula:

  • Listaxe de persoas adxudicadas: 18 de maio
  • Matriculación: do 19 ao 21 de maio ata as 13:00 horas
  • Liberados: do 25 ao 29 de maio ata as 13:00 horas

Xornada de Acollemento

Convocada a xornada de acollemento para o luns 1 de xuño ás 19:00h no Salón de Actos do centro. A asistencia a esta xornada é de carácter obrigatorio  para os alumnos matriculados (agás causa xustificada). Quen non asista causará baixa de oficio.

 

Para consultar as programacións de cada módulo profesional preme aquí.

Para máis información premer aquí.

( categories: )
Distribuir contido