Viveiro de empresas

Viveiro de empresas

 

       

O noso centro, Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga ofrece un viveiro de empresas, un recurso que facilita aos estudantes con calidades emprendedoras a oportunidade de deseñar o seu proxecto de empresa e levar adiante a creación do seu propio negocio. 

Este viveiro é un local dividido en 2 despachos equipados con moblaxe básica propia dunha oficina, equipamento informático e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha de iniciativas emprendedoras.

Dende o centro, ademais das instalacións ofrecese formación e titorización por parte da coordinadora de emprendemento. Esta ofrecerá tamén un asesoramento inicial, xunto con calquera profesor do centro con coñecemento no ámbito, así como a posibilidade de ter asesoramento especializado poñéndoo en contacto con  axentes de emprego e desenvolvemento local do concello,  orientadores/as laborais das oficinas públicas de emprego. …

 Na seguinte táboa recóllese información sobre os criterios para o acceso ao viveiro ( no caso de listaxe de espera), o perfil e funcións do titor e o asesoramento que se lles ofrece.

 O VIVEIRO DE EMPRESA

REQUISITOS:

 A) Alumnado matriculado nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de Formación profesional:

  • Ensinanzas superiores de deseño
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en conservación e restauración de bens culturais
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en arte dramático
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en música
  • Ensinanzas artísticas superiores de grao en danza
  • Ensinanzas deportivas
  • Bacharelato
  • Educación secundaria para persoas adultas (ESA)

 B) Persoas que finalizaran nos últimos catro anos os estudos mencionados no apartado a)

 Poden ser un ou varios emprendedores nun mesmo proxecto, segundo a forma xurídica  elixida.

SERVIZOS:

 

1.       Asesoramento 

  • Por parte do profesorado que imparte formación relacionada co sector onde se desenvolverá o teu proxecto
  • Do persoal técnico especialista para avaliar a viabilidade técnica e económica do teu proxecto
  • Titoría polo coordinador ou coordinadora de emprendemento, responsable do seguimento e orientación no teu proxecto 

 2.       Instalacións propias do viveiro 

Locais axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras no centro educativo onde se atopa o viveiro, a súa disposición no horario concordado co centro:

  • Moblaxe básica propia dunha oficina
  • Equipos informáticos
  • Acceso a internet
  • Teléfono, fax, fotocopiadoras
  • Gastos xerados no mantemento xeral 

    Si precisas máis información, podes contactar con nós na seguinte dirección: orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.es  ou no teléfono 982128894, preguntando por Marta Fojo Peña Orientadora do CIFP Porta da Auga e/ou por Mª Sol Folgueira Chao, coordinadora de emprendemento e titora do viveiro.

 

Distribuir contido