Coordinación de programas intenacionais

PRAZO SOLICITUDES BECAS ERASMUS+

11/12/2019 00:00
13/12/2019 00:00
Europe/Madrid

Unha vez levadas a cabo as reunións informativas o 5 e o 13 de novembro, ábrese o prazo para solicitar a participación nas mobilidades Erasmus + que oferta o centro para este curso.

Aquelas persoas interesadas deberás poñerse en contacto con Adrián López ou con José María López entre os días 11, 12 e 13 de decembro, co fin de elaborar a lista definitiva de participante, xestionar a documentación e trámites oportunos e realizar o proceso de selección.

Unha vez publicada a lista definitiva das persoas seleccionadas, dispóñense de cinco (5) días para interpoñer as posibles reclamacións ante o devandito proceso.

Todas as solicitudes que se comuniquen fóra de prazo serán rexeitadas.

Aprobados os programas internacionais que se desenvolverán no curso 2019-2020

 

Rematamos o curso con boas novas para os ciclos medios e básicos do noso centro.

Aprobado polo SEPIE o proxecto InterPorta2018-2019 que solicitamos dende a Coordinación de Proxectos Internacionais que dará a oportunidade ao alumnado de realizar o periodo de FCT no estranxeiro e mellorar as súas competencias persoais, laborais, aumentando as posibilidades de inserción laboral e disfrutando desta experiencia noutros países da Unión Europea.

Tamén contaremos, como neste curso que remata, con mobilidades para alumnado dos ciclos superiores a través do programa Erasmus+.

 

 

 

 

 

 

 

Mobilidades Erasmus+K103 curso 2019

 

Estamos a piques de rematar xa os periodos de FCT nas empresas.

O alumno  Danie Gómez Quelle do Ciclo Superior de Automoción envíanos unha foto sobre o desenvolvemento do seu traballo no taller de Warendorf (Alemaña) no que se atopa realizando o periodo de FCT. Pronto estará de volta para contarnos a súa experiencia.

Coordinación de programas internacionais

 

 

O CIFP Porta dá Auga ten unha longa tradición na realización de programas internacionais e prácticas no estranxeiro.

Desde o centro consideramos  este tipo de accións como unha magnífica oportunidade para que o noso alumnado poida vivir unha experiencia  enriquecedora e desenvolva novas competencias nos ámbitos lingüísticos e profesionais.

Nos últimos anos colaboramos con empresas alemás e italianas, e a día de hoxe temos a seis antigos alumnos traballando en Alemaña.

Dispoñemos de unha Carta Erasmus propia para realizar movilidades cos alumnos de Ciclo Superior.

 

Carta Erasmus vixente 2014-20

 

Erasmus Policy Statement

 

 

Distribuir contido