Información da secretaría

Peche do centro

 

O Venres 8 de Setembro o centro pernacerá pechado por festividade local.

 

 

Exames Setembro FP Básica

 

Datas dos Exames de Setembro correspondentes a FP Básica.          Facer clic aquí

 

 

Datas de exames de probas libres 2016

Para ver as datas de exames clasificadas por ciclo formativo pincha aquí.

Probas libres (LOE). Convocatoria 2015-16

 

Proceso de admisión para probas libres para a obtención de títulos de ciclos formativos de formación profesional (LOE)        Convocatoria: Curso 2015-2016

 

Instrucións sobre o proceso de xestión das probas libres a ciclos formativos

 

Calendario Probas libres

 

 

Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior. Curso 2014-2015

Aberto o prazo para  os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2014/15.

Normativa: (DOG do 26 de febreiro)

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partires do día seguinte da publicación no DOG.

 

Convocatoria Acreditación de competencias 2016

Publicada a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

 

  • A solicitude de participación deberá presentarse por escrito na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación está activa a partir do 11 de xaneiro de 2016.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de xaneiro de 2016 ao 5 de febreiro de 2016.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente a persoa solicitante.

 

Si queredes obter máis información sobre o proceso de inscripción e admisión premer aquí.

Si queredes consultar a Orde premer aquí.

 

 

Matrícula Ciclos Formativos curso 2015-2016

Pinchando aquí poderás obter información do proceso de admisión de ciclos formativos curso 2015-2016 (plazos de admisión)

Nestes enlaces poderás obter máis información actualizada do estado das solicitudes de admisión a ciclos formativos para o ano 2015:

http://www.edu.xunta.es/fp/

https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/PaxinaInicio.do

Distribuir contido