Información e Orientación Profesional

Departamento de Orientación

Benvidos ao Departamento de Información e Orientación Profesional do centro.

  Este departamento está formado por:

Ø  A orientadora, xefa do departamento. 

Ø  A coordinadora de emprendemento, xefa do departamento de FOL. 

Ø  E un profesor de cada familia profesional que existe no centro:  Transporte e Mantemento de Vehículos, Electricidade e Electrónica,  Edificación e Obra Civil, Administración e Xestión e Servizos Socioculturais e á Comunidade.

  As competencias deste departamento son:

  • Elaborar, as propostas de organización da orientación educativa e profesional, e o  plan de acción titorial.
  • Informar o alumnado e, en xeral, a calquera persoa interesada sobre as oportunidades de acceso ao emprego, da oferta de cursos de perfeccionamento, reciclaxe ou especialización, así como das posibilidades do procedemento do recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional, das cualificacións profesionais e da formación ao longo da vida.
  • Informar e orientar as persoas que participen no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional acerca dos itinerarios formativos que lles permitan, logo de rematado o proceso de avaliación, completar a competencia en que sexan deficitarios para conseguir a titulación de formación profesional ou o certificado de profesionalidade correspondente. 
  • Planificar, desenvolver e levar a cabo as accións de información e orientación no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional.
  • Motivar o alumnado e as persoas que xa rematasen os seus estudos e facilitarlles acceso
  • os programas e ás actividades de emprendemento.
  • Planificar a actividade dos viveiros de empresas.
  •  Divulgar  accións de emprendemento.
  • Realizar estudos de inserción laboral do alumnado, así como realizar e coordinar os estudos de mercado de traballo.
  • Xestionar a bolsa de emprego.
  • Coordinar a orientación laboral e profesional con outras administracións, entidades ou institucións.
  • Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de información, orientación e titoría que o profesorado realice no centro co seu alumnado.
  • Colaborar na detección de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe, así como participar no diagnóstico, no deseño e na aplicación de medidas de apoio.
  • Contribuír a que a avaliación desenvolvida no centro se axuste aos principios de avaliación continua, formativa e orientativa.
  •  Elaborar propostas acerca dos perfís profesionais que demanden as empresas do contorno.
  • Elaborar a programación do departamento e a memoria que avalíe todas as actuacións.

 Para recibir información ou aclarar calquera dúbida, poden acudir ao departamento, poñerse en contacto coa orientadora (Marta) mediante o teléfono 982128894 ou na seguinte dirección orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.es 

 Tamén podes consultar noticias relacionadas co departamento as cales publicarémolas regularmente na sección de anuncios seguinte:

  http://centros.edu.xunta.es/cifpportadaauga/galego/taboleiro_anuncios.php 

Distribuir contido