Iniciar sesión |
Cruzando versosBlog persoal da familia de servicios socioculturais e a comunidade -----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Formación para o ConsumoO alumnado de 1º de Educación Infantil e 1º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitaron o día 28 de xaneiro o Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo.Participaron nun obradoiro sobre Cómo aforrar nas compras, onde traballaron fundamentalmente a importancia do consumo responsable e pautas para favorecelo. Analizaron a influencia da publicidade no consumo e as técnicas de venta más comunmente empregadas para favorecer a compra por impulso.
Aprehender a comunicarOntes 25 de xaneiro o noso alumnado que participa no Proxecto Lugo Emprende II participou na charla Aprehender a comunicar impartida por Alejandra Sánchez , consultora e coach especializada en recursos humanos e dedicada dende o 2002 o entrenamento de habilidades de comunicación e oratoria. Foi unha actividade dinámica e moi proveitosa na que se traballou a importancia da comunicación verbal, non verbal, vocal e a necesidade da coherencia entre elas; os distintos estilos relacionais, e a importancia de ter claro que quero dicir e como o vou facer. Alejandra Sánchez deulle ao alumnado recursos e estratexias que seguramente lles axuden a mellorar o seu día a día na aula e por suposto no mundo laboral o que nun futuro próximo accederán.
( categories: )
MotivaciónUn ano máis no CIFP Porta da Auga contamos con Felipe García Rey, “coach” profesional que impartiu a charla Motivaciónenmarcada no Proxecto Lugo Emprende II. Nela pretendeuse motivar ao alumnado, traballar o autocoñecemento coa idea de aprender, descubrir o potencial que cada un ten, as súas capacidades e enfocalas correctamente para a consecución dos obxectivos propios, tanto persoais como profesionais. Con estas actuacións preténdese dar algunhas claves necesarias para enfrontarse con éxito a busca de emprego, coñecendo as esixencias do mundo empresarial e facéndoo con seguridade nun mesmo.
( categories: )
Laboratorio de residuosO venres 22 de xaneiro o alumnado de 1º de FP Básica Mantemento de vehículos repite visita ao Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo, esta vez para realizar o taller Laboratorio de residuos. Nel traballaron sobre o coñecemento e análise de distintos tipos de residuos, formas, cores, propiedades e o proceso de reciclado, así como sobre a importancia dunha boa xestión destes. Todo isto levouse a cabo a través da observación directa, dunha maneira práctica e amena.
( categories: )
Visita da familia profesional de Administrativo a empresa COCA-COLA COMPANY
O ALUMNADO DA FAMILIA PROFESIONAL DE ADMINISTRATIVO, visitó o 13/01/16 as instalacións “THE COCA COLA COMPANY” na Coruña. Esta compañía está presente en máis de 200 países xenerando emprego e cooperando nas actividades de educación, deporte, cultura, ocio e medio ambiente. Plan director (Prevención consumo de alcol e drogas)
O pasado 14 de xaneiro, Ramón Peña impartiu unha charla sobre Alcol e drogas para o alumnado de 1º curso dos ciclos formativos do CIFP Porta da Auga. Esta charla enmarcase dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E MÁIS NOS SEUS ENTORNOS. O obxectivo da actividade foi traballar a prevención do consumo de drogas e dos riscos e problemas asociados a esa conduta; contribuíndo a desenvolver no noso alumnado unha personalidade autónoma, crítica e reflexiva; e desmitificar crenzas erróneas sobre a normalización do consumo de drogas ampliando a percepción das consecuencias negativas do consumo.
( categories: )
Nova convocatoria para Acreditación de competencias 2016Publicada a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Para coñecer as unidades de competencia que se acreditarán no CIFP PORTA DA AUGA así como o calendario para o desenvolvemento do proceso de acreditación preme aquí. Si queredes obter máis información sobre o proceso de inscripción e admisión premer aquí. Si queredes consultar a Orde premer aquí. Resume do proceso e dos requisitos para poder participar:
Visita do CFGM de atención a persoas en situación de dependencia a residencias de maiores en Viveiro e CervoO CFGM de atención a persoas en situación de dependencia realizou unha saída pedagóxica para visitar a residencia para persoas maiores GERIATROS de Viveiro e a residencia para enfermos mentais de Cervo.
Modelos de traballo.Alumnado do noso centro tivo ontes a opotunidade de participar nun taller impartido por Juan Diego Pereiro Areán (www.WeKAb.com), Roberto Touza (www.nadielabs.es) e Marta Falcón (www.DestinoCreatividad.com) no que dunha maneira práctica desenvolveron modelos de negocio usando unha metodoloxía áxil para o emprendemento, facilitándolles que esta e as ferramentas traballadas sexan aplicadas nun futuro nas súas propias ideas de negocio.
( categories: )
|
Comisión de Convivencia
Eventos
|