EXAMES PERDA DE DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA

Exames para o alumnado con PERDA DE DEREITO DE AVALIACIÓN CONTINUA

Ciclo Medio de Xestión administrativa

Ciclo Superior de Administración e finanzas

EXAMES PERDA DE DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA

Exames para o alumnado con PERDA DE DEREITO DE AVALIACIÓN CONTINUA

Ciclo Superior SISTEMAS ELECTROTÉCNICOS E AUTOMATIZADOS

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS. Convocatoria 2020

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2020

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31266

Bibliografía PROBAS LIBRES

Pode consultar a bibliografía para PROBAS LIBRES 2019-20 nos seguintes ficheiros adxuntos:

PROBAS LIBRES 2019-20

Pode consultar toda a información sobre PROBAS LIBRES no seguinte enlace:

 

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

O prazo de presentación de solicitudes de matrícula será do 1 ao 12 de xuño de 2020.

 

As solicitudes de matrícula para participar nas probas libres de formación profesional de títulos LOE presentaranse na secretaría do centro público elixido en primeira opción.

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020. Data de publicación: 26.05.2020

Prazo para realizar reclamacións: do 27 de maio ao 2 de xuño de 2020, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e reclamacións>>. Posterioremente, a través da plataforma https://sede.xunta.gal, deberase presentar xunto coa solicitude, a correspondente documentación que apoie a reclamación, utilizando o trámite "Alegacións" asociado á solicitude de inscrición no proceso. Para o caso de envío por correo á sede onde se xestiona a súa solicitude, este deberá ser certificado, co selo de correos no encabezamento da primeira folla do formulario para reflectir a data de entrada.

Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

( categories: )

RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN

Os resultados da 2ª avaliación poden consultalos en ABALAR.

O alumnado/familias que non poidan acceder a ABALAR, poderán solicitar información no correo electrónico cifp.portadaauga@edu.xunta.es

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL ANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Dende o Departamento  de Información e Orientación Profesional informase que  ante a suspensión das clases a causa  da pandemia do COVID-19 e debido a imposibilidade de traballar presencialmente,  aquelas persoas que queiran contactar coa orientadora poden facelo a través da seguinte dirección   orientacion.cifp.portadaauga@edu.xunta.es

ESTADO DE EMERXENCIA SANITARIA COVID-19

Como medidas de prevención ante a situación epidemiolóxica do coronavirus Covid-19 e o actual estado de alarma:

- Dende o 25 de maio o alumnado, de 2º curso de ciclos medios e superiores, VOLUNTARIAMENTE poderá retomar as actividades lectivas presenciais. O profesorado titor facilitará ao alumnado o novo horario de cada módulo.

- O alumnado que asista as clases presenciais deberá seguir as INSTRUCCIÓNS PARA O QUE RESTA DO PRESENTE CURSO así como as MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE que se recollen na Resolución do 22 de maio (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31084).

- Será OBRIGATORIO o uso de MASCARILLAS para acceder as instalacións do centro. Unha vez na aula, seguiranse as instrucións do profesorado e, se a distancia de seguridade o permite, poderase deselvolver a clase sen mascarilla. 

- Tal e como se recolle no apartado 7.5 da Resolución do 22 de maio, SERÁ O ALUMNADO QUEN DESINFECTE O SEU PUPITRE, CADEIRA E RESTO DE MATERIAL EMPREGADO, con independencia dos traballos efectuados polo persoal de limpeza.

- O horario de atención ao público será de 08:30 a 15:00, atendendo as necesidades urxentes da cidadanía a través do servizo telefónico

(982 128 894 - 622 921 105) e/ou do correo electrónico (cifp.portadaauga@edu.xunta.gal).

- A lo menos UN MEMBRO DO EQUIPO DIRECTIVO PRESTARÁ SERVIZOS NO CENTRO, no horario de atención ao público.

- O persoal (docente e non docente) estará localizable, nos teléfonos móbiles de contacto e revisará diariamente o seu correo electrónico.

- O profesorado seguirá desempeñando a súa función docente, mantendo o contacto co alumnado por medios telemáticos, para a proposta e seguimento de actividades (aula virtual, correo electrónico, etc…).

Toda a comunidade educativa do CIFP Porta da Auga espera que esta situación remate o antes posible. Mentres tanto, SAÚDE e moito ánimo para todos e todas.

Distribuir contido