RELACIÓN DE MÓDULOS DA MODALIDADE ORDINARIA CON PRAZAS VACANTES

RELACIÓN DE MÓDULOS DA MODALIDADE ORDINARIA CON PRAZAS VACANTES

A Orde do 18 de xuño de 2020 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2020/21, establece na disposición adicional segunda a ampliación da oferta do réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario. Textualmente:


“As prazas que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2020/21”.

 

Os módulos que resulten vacantes polo réxime ordinario poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas no prazo comprendido entre o día 6 e as 13,00 horas 9 de outubro, ambos incluídos.


No réxime de persoas adultas a matrícula realízase por módulos soltos, polo que o alumnado interesado poderá matricularse en calquera dos módulos profesionais que teña prazas vacantes do ciclo formativo (tanto de primeiro como de segundo curso), sempre que se garanta a compatibilidade horaria do 90%.


As persoas interesadas poderán matricularse sempre que cumpran os requisitos de acceso establecidos na normativa vixente. Lembren que para títulos LOE unha persoa sen requisitos de acceso pode matricularse en módulos asociados a unidades de competencia se ten máis de dous anos de experiencia no sector.

 

AdxuntoTamaño
Prazas vacantes.pdf465.88 KB
( categories: )