VISITA AO PARLAMENTO DE GALIZA DO ALUMNADO DE ADMINISTRACIÓN

O alumnado dos primeiros cursos dos ciclos Básico de Servizos Administrativos, Medio de Xestión Administrativa e Superior de Administración e Finanzas desprazouse a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia.

Durante esta actividade recibiron unha amena explicación sobre o funcionamento da Cámara, e puideron coñecer todos os espazos relevantes da súa sede, así como a súa moi importante colección contemporánea de obras de obras de artistas galegos.

Á tarde visitaron o Museo do Pobo Galego, o principal continente da nosa historia sobre os oficios, habitat, festas e xeitos de vida do noso pobo.

Tamén houbo tempo pasa un paseo polos principais lugares da nosa capital, gozando do seu animado ambiente.