Recomendacións matrícula de Probas Libres:

 

 

(Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación)

 

As persoas aspirantes serán convocadas nun único chamamento para a xornada de acollemento, e para cada parte da proba. Deberán ter consigo o Documento Oficial de Identidade, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea,  xa que en calquera momento se lles pode requirir que acrediten a súa identidade.

As persoas matriculadas serán convocadas a unha Xornada de acollemento onde se lles dará información e instrucións para a realización das probas. Esta terá lugar o xoves 31 de maio ás 19:00h no Salón de Actos do centro.

 

A asistencia a esta xornada é de carácter OBRIGATORIO (agás causa xustificada). Quen non asista causará baixa de oficio.

As persoas matriculadas deberán presentarse a todos os módulos nos que estean matriculados e ás dúas partes da proba de cada módulo,  de non ser así causarán baixa de oficio.

 

(Non se presentarán á 2ª parte de proba cando non superen a 1ª parte, xa que esta é eliminatoria. As puntuacións obtidas serán expostas no taboleiro de anuncios así como na páxina web do centro, mais no caso de existir algún erro ou diferenza entre a información publicada na web e a publicada no centro, terá validez oficial esta última).

 

É importante antes de formalizar a matrícula consultar o calendario e horario das probas e as programacións dos módulos que estarán accesibles na biblioteca do centro e na web.

 

As persoas que causen baixa de oficio perderán a condición de persoa matriculada na proba, polo que:

 Non se terá en conta ningunha cualificación

Non poderán presentar unha solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte agás que haxa vacantes logo de resolto o proceso de admisión.

 

Quen desexe solicitar a validación dalgún módulo profesional deberao facer constar no momento de presentar a solicitude de matrícula para as probas (Cubrir modelo de instancia Anexo XIV Orde 12 de xullo de 2011 e xuntar documentación).  As persoas pendentes de validación nalgún módulo deberán presentarse a proba do correspondente módulo profesional.

 

NOTA INFORMATIVA: Non é necesaria a matricula en todos os módulos do Ciclo Formativo, só nos estritamente necesarios para a súa superación por probas ou por validación.

 

( categories: )