Saidas Profesionais Familia Servizos a Comunidade

 

CICLO SUPERIOR DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

 A competencia xeral deste título consiste en deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal (0-3 anos), consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa (0 a 6 anos) no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.

 

 Dito o anterior, podemos concluir que as educadoras e educadores infantís levarán a cabo a súa labor profesional tanto no ámbito educativo formal, coma no non formal a través dos seguintes perfís profesionais:

 

 

Ámbito non formal

 

            Os perfís máis destacados neste ámbito son:

           

-        Educadora ou educador en institucións ou en programas específicos de traballo con menores en situación de risco social

-        Educadora e educador en centros de lecer

-        Educadora e educador en ludotecas

-        Educadora e educador en bibliotecas

-        Educadora e educador en granxas escola

-        Educadora e educador en casas da cultura

 

Ámbito formal

 

-       Educadora ou educador infantil en escolas infantís de 0 a 3 anos, tanto públicas coma privadas, exercendo a súa labor baixo a supervisión dun/dunha titulado/a na especialización de educación infantil (mestre/a) ou equivalente.

 

 

 

CICLO MEDIO DE ATENCIÓN A  PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

 

 Con carácter xeral, o perfil destes/as profesionais estará encamiñado a atender ás persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

 

 A continuación pódense observar de xeito máis concreto algunhas das ocupacións habituais destes profesionais:

 

- Coidador/ora de persoas en situación de dependencia en institucións e/ou domicilios

- Coidador/ora en centros de atención psiquiátrica,

- Xerocultor/ora

- Gobernante/a e subgobernante/a en Institucións para persoas en situación de dependencia

- Auxiliar responsable de planta de residencias de maiores e persoas con discapacidade

- Auxiliar de axuda a domiclio

- Asistente de atención domiciliaria

-Traballador/ora familiar

- Auxiliar de educación especial

- Asistente persoal

-Teleoperador/ora de teleasistencia.