Obradoiro de Comunicación on-line (28/03/17)

Os alumnos de 2º do C.M. de Xestión Administrativa xunto cos de 1º do C.S. de Administración e Finanzas participaron nun obradoiro sobre “Comunicación online para empresa” o día 28 de Marzo, impartido por Blanca Díaz Reimunde.

 

O obxectivo deste obradoiro é que o alumnado coñeza as posibilidades que achega o emprego correcto das redes sociais no ámbito profesional, os medios máis axeitados para a creación de páxinas web e blogues de empresa, así como outras ferramentas de comunicación e marketing que lles resultarán moi útiles na súa vida laboral, como a creación dun perfil profesional en Likendin.

 

Foto Obradoiro Comunicacion online para a empresa