Visita a Lugo ós xulgados do social e ó rexistro mercantil.

O día 20 de decembro de 2.016 un grupo de alumnos de 2º de Administración e Finanzas do C.I.F.P. “PORTA DA AUGA” de Ribadeo, acompañados por dous profesores, acudiron a Lugo ás seguintes actividades:

Pola mañá asistiron nos Xulgados do Social a presenciar xuízos sobre cuestións de índole laboral (despedimentos, reclamación de cantidades, etc.). A xuíza, de xeito moi amable, entre xuízo e xuízo, deu unha breve explicación xurídica sobre as cuestións que se acababan de ver, explicacións que, tanto alumnos como profesores agradecemos, pois axudaban a entender o que alí se acababa de dirimir. Esta actividade foi organizada polo profesor de Recursos Humanos, Anxo Martínez Pérez.

                Pola tarde a visita foi ó Rexistro Mercantil onde os alumnos recibiron unha breve charla sobre os seguintes temas: legalización de libros contables, depósito de contas anuais e inscrición das sociedades no Rexistro Mercantil, temas todos eles referidos a trámites de natureza contable que hai que realizar no Rexistro Mercantil. Esta actividade foi organizada polo profesor de Contabilidade e Fiscalidade Xosé María Martínez Fernández.