Xornada de Formación profesional continua

 O Departamento de Electricidade e electrónica vai organizar unha xornada de formación en colaboración coas empresas

 

CURSO PRÁCTICO  SOBRE CADROS ELÉCTRICOS INTELIXENTES A CELEBRAR NO CIFP PORTA DA AUGA DE RIBADEO

 O curso terá lugar o próximo mércores día 9 de novembro no salón de actos do CIFP e en horario dende as 19:30 ata as 21:00 horas. Vai dirixido a persoas relacionadas coa instalación eléctrica.

Trátase dunha charla técnica que será eminentemente práctica e na que configuraremos un SMARTLINK a través de un PC o cal nos permitirá gobernar os circuitos e as súas proteccións via web.

Para elo Dispoñeremos dunha maqueta co producto real o cal configuraráse perante a charla partindo dende CERO empregando un PC, o cal será proxectado para que os asistentes poidan velo.

 Máis información clika aquí