Actividades complementarias Servicios Socioculturais e á comunidade

 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á FORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE NO CURSO 2016/17

 

 Ao longo do curso 2016/2017 o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade realizou unha serie de intereseantes actividades para complementar a formación do alumnado dos ciclos correspondentes á nosa familia profesional e, ao mesmo tempo, facer partícipes de moitas delas ao resto da comunidade educativa.

  •  0 27 de Outubro fíxose unha visita aos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo.Un ano máis, o alumnado de 1º curso do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitou as diferentes instalacións que podemos atopar na zona atendendo aos diferentes perfís dos usuarios. Así, os alumnos/as, ademais de asistir a unha charla introdutoria, tiveron a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito coñecendo o  Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de persoal do concello e dos propios responsables de cada unha das instalacións.

Centro de dia A Concordia

  ------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • O 28 de Outubro celebrouse a festa do Samaín no centro, momento que tamén se aproveitou para facer un magosto en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O alumnado de ambos cursos do Ciclo de Educación Infantil  dinamizou a xornada a través dunha proposta de xogos populares que favoreceron a participación de todos os membros da comunidade educativa.

 

Samain

 

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

  • O día 3 de Novembro, as profesionais do centro de día “A Concordia” Ana Fernández (educadora social) e María López (xerocultora) visitaron ao alumnado do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia para falar da importancia da empatía na atención a estas persoas. A través dun obradoiro práctico, o alumnado tivo a oportunidade de poñerse na pel de distintos colectivos, como o das persoas maiores, e puideron ser conscientes do que sinten á hora de ser atendidos por coidadores, familiares e profesionais. Esta perspectiva humaniza moito máis a relación de axuda que se debe establecer coas persoas para as que traballan.

 

 Centro de Dia A Concordia

 

  ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

  •  O 18 de Novembro celebrouse o Dia Mundial da Infancia, aproveitando tal ocasión para tratar de sensibilizar aos diferentes membros da comunidade educativa do CIFP Porta da Auga de Ribadeo da importancia que supón o coñecemento e o respecto polos dereitos dos nenos/as recollidos na Convención dos Dereitos do Neno de 1989. O alumnado de 1º curso de Educación Infantil realizou unha representación teatral na que se poñía de manifesta a vulneración sistematica de ditos dereitos ao longo da historia, e mesmo coma ata hai pouco estes eran inexistentes. O alumnado de 2º curso realizou un video orientado a dar a coñecer os diferentes dereitos dos que desfrutan os nenos e nenas de todo o mundo.

  ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

  • O día 2 de Decembro e con motivo da celebración do Día Internacional da Diversidade Funcional, o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia organizou unha feira aberta a todo o centro onde se desenvolveron actividades de sensibilización arredor dos diversos colectivos con diversidade funcional. A feira tivo moi boa acollida por parte do conxunto do alumnado, profesorado e persoal do centro.

 

Día Internacional da Diversidade Funcional

 

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

  • O dia 20 de Decembro veu ao noso centro Fátima Fernández, presidenta da Asociación Antonio Gandoy que acudiu a dar unha charla ao alumnado de Educación Infantil sobre o funcionamento da asociación e para explicar como se leva o a cabo o seu traballo cos nenos e nenas de 0-3 anos e as súas familias, respetando o legado deixado polo xa desaparecido programa educativo de Preescolar na Casa.

  ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

  • O día 6 de Marzo ambos cursos do Ciclo de Educación Infantil fixeron unha saída ata A Coruña e Oleiros para visitar varias Escolas Infantís (o-3). Dúas das escolas visitadas pertencen á rede de escolas municipais do Concello de A Coruña (Escola Infantil de Montealto e Escola Infantil “A Caracola”) e a terceira e a escola bosque Amadahi ubicada no concello de Oleiros ao pé do mar. Unha xornada moi agradable para todos/as na que o alumnado do ciclo puido achegarse a práctica profesional de pedagoxías innovadoras e alternativas levadas a cabo na etapa da educación infantil.

 Amahadi

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • O día 8 de Marzo  o alumnado de 1º curso de Educación Infantil asisitiu ao CEIP “Gregorio Sanz” para realizar un contacontos con motivo da celebración do Día da Igualdade. Serviu para afianzar unha colaboración que se viña facendo outros anos que supón unha boa oportunidade para que o alumnado do ciclo teña un achegamento á realidade profesional na que vai a traballar no futuro ao mesmo tempo que se comeza a sensibilizar aos máis cativos na  igualdade de xénero.                    

  ------------------------------------------------------------------------------------------------------

  •   O día 1 de Xuño visitounos ao centro Tomás Rábano, mestre de música que tamén exerce a súa labor profesional traballando con persoas con autismo a través da musicoterapia. A súa experiencia profesional e os seus coñecementos representan un gran exemplo do ben que se pode realizar o traballo de educador/a a partir de propostas creativas. Transmitiunos a importancia da música na educación dos máis pequenos e a posibilidade de acceder á mesma a través do aproveitamento de recursos presentes no noso contorno cotiá, feito que facilita moita a nosa labor e abre unha chea de posibilidades.

 

 

Musicoterapia

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

  • O día 8 de xuño visitáronnos ao centro os usuarios e profesionais da Fundación “Eu Son”, que nos ofreceron un encontró moi agradable no que nos explicaron cales son as actividades que desenvolven no seu día a día, sobre todo, as que se realizan dende o centro de formación ocupacional. Esta xornada aportou unha perspectiva interesante para o alumnado de cara a descubrir como se traballa co colectivo de persoas con discapacidade intelectual, amosando  a gran cantidade de potencialidades e capacidades que hai detrás destas persoas. Ademais da amena charla informativa tamén nos ofreceron un concerto no que tocaron algunas cancións propias que forman parte do repertorio do grupo musical que formaron os membros da propia fundación.

 

 Fundacion Eu Son

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 Dende o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade queremos agradecer a participación e colaboración a todas aquelas persoas e institucións que fixeron posible que estas actividades se levasen a cabo, e deste xeito, axudaron a enriquecer o proceso formativo do alumnado e o profesorado do noso centro. Moitas Grazas.

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------

 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á FORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADE 2015/16

O pasado xoves día 5 de maio o alumnado do 1º curso do CS de Educación Infantil achegouse a Burela para colaborar no Correlingua, onde realizaron diversas actividades dirixidas ós nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña que participaron este ano.

 

 -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado venres día 29 de abril o alumnado de 1º do CS de Educación Infantil visitou as escolas infantís de Burela, Foz e Mondoñedo, onde aproveitaron para contar contos dramatizados ós nenos e nenas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Visita Ao Centro de Día de AFALU e ao Centro Residencial San Vicente de Paúl

O martes, 15 de marzo, o alumnado de  1º 2º do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, achegouse ata Lugo para coñecer de primeira man o Centro de Día da Asociación de familiares de Enfermos de Alzheimer ( AFALU) e o Centro Residencial Asistencial e Ocupacional San Vicente de Paúl, adicado á atención e educación de persoas con discapacidade. En cada un dos centros, alumn@s e profesores tiveron a oportunidade de coñecer un recurso directamente asociado aos contidos do ciclo dende unha perspectiva global e nun contexto eminentemente práctico, onde se valorou, particularmente, a implicación dos traballadores na atención aos usuari@s.

    

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO “O CAZO DE SABELA” A CARGO DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL DA MARIÑA.

O vindeiro xoves 25 de febrero teremos o pracer de contar coa visita dos profesionais e usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña, que representarán a peza teatral “O cazo de Sabela” no salón de actos. A representación terá comezo ás 11:30 horas.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PROGRAMA ACTIVAMENTE

Dende o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do CIFP Porta da Auga, estase a desenvolver o Programa Activamente, un programa adicado á estimulación cognitiva do colectivo de persoas maiores, integrado no Proxecto Lugo Emprende e dirixido polo propio alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

 

Neste programa participan 12 persoas maiores de 55 anos con interese en mellorar as súas capacidades cognitivas (memoria, percepción, atención, etc.)

 

As actividades que nel se plantexan estanse  a desenvolver e ó longo deste mes de febreiro, rematando o vindeiro martes 1 de marzo.

 ------------------------------------------------------------------------------------------------------

OBRADOIRO DE CONTACONTOS

O martes 16 de febreiro una vez máis contamos coa presenza de Bea Campos, contacontos, actriz e directora teatral, e David, que impartiron un obradoiro de contacontos para o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil.

Durante dúas horas e media, falounos de como enfrontarse á preparación dun conto para contar, dende escollelo  ata contalo, a disposición do contacontos, onde contar, relaxar, coñecer e desbloquear o corpo.

Todo isto intercalando contos e cantos, que fixo que o traballo se convertera en lecer.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 1º de Educación Infantil  e 1º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia  visitaron o día 28 de xaneiro o Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo.

Participaron nun obradoiro sobre Cómo aforrar nas compras, onde traballaron  fundamentalmente a importancia do consumo responsable e  pautas para favorecelo.  Analizaron a influencia  da publicidade no consumo e as técnicas de venta más comunmente empregadas para favorecer  a compra por impulso.

 

Visita do CFGM de atención a persoas en situación de dependencia de un Centro Geriatrico en Viveiro e a outro en Cervo

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

O CFGM de atención a persoas en situación de dependencia realizou unha saída pedagóxica para visitar a residencia para persoas maiores GERIATROS de Viveiro e a residencia para enfermos mentais de Cervo.
Nesta saída puderon coñecer estos centros de referencia en atención a persoas en situación de dependencia na mariña o que lles permitiu coñecer a realidade social de estes colectivos.

 

I SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL NO CIFP PORTA DA AUGA

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado venres, 27 de novembro, o alumnado do segundo curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do segundo curso do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil, asistiron a un obradoiro sobre Soporte Vital Básico, desfibrilación e actuación en atragoamentos. 
Para impartilo contouse coa colaboración dunha médica e un enfermeiro do 061, da man dos cales poideron escoitar as situacións reais que se encontran no seu día a día relacionadas con estes temas. Tamén explicaron con detalle como funciona a central de coordinación do 061, dende que se atende a chamada dunha emerxencia sanitaria, ata que se resolve.
A continuación xerouse un coloquio no cal os alumnos lles poideron preguntar calquera dúbida ou curiosidade; para logo, xunto co persoal do 061, practicar e demostrar as súas habilidades nas manobras xa estudadas no módulo de Primeiros Auxilios que cursan.

 

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 VISITA PARA COÑECER OS RECURSOS LOCAIS PARA A ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA.

 Un ano máis, e co fin de coñecer os recursos que ofrecen os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo para a atención ás persoas en situación de dependencia, o alumnado de 1º curso do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitou, o luns, 16 de novembro, as diferentes instalacións que podemos atopar na zona atendendo aos diferentes perfís dos usuarios. Así, os alumnos/as, ademais de asistir a unha charla introdutoria, tiveron a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito coñecendo o  Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de persoal do concello e dos propios responsables de cada unha das instalacións.

 

CHARLA DUN GRUPO DE ALUMNAS DA PRIMEIRA PROMOCIÓN

 O xoves, 5 de novembro, un grupo de antigas alumnas da primeira promoción do CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, volveu ás aulas do Porta da Auga para contar  aos grupos que cursan o ciclo actualmente, a súa experiencia no eido laboral. O seu testemuño aportou unha visión especialmente próxima ao alumnado actual, e todos os presentes tiveron a oportunidade de compartir impresións en relación á realidade educativa e ás particularidades do traballo nos diferentes ámbitos da atención ás persoas en situación de dependencia.

      

 

 ---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro xoves 18 de xuño dentro da programación do ciclo de cinema galego “Ribafilm” proxectarase o filme Galatasaray – Depor ás 20:00 h no salón de actos do CIFP PORTA DA AUGA e levada a cabo polo alumnado do Curso de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.

Trátase dunha película dirixida por Hannes Stöhr e protagonizada por Luis Tosar, Victor Mosqueira, Marta Pazos, Manuel Cortés, Luidmila Tsvetkova entre outros actores recoñecidos internacionalmente onde, en clave de comedia,  se tratan as diferenzas culturais e lingüísticas dos europeos cun pano de fondo, o fútbol, que parece ser o que máis nos une a tódolos países europeos.

Durante a proxección ofrecerase flocos de millo a todo o público que o desexe.

 


 

O 14 de maio o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil puido asistir a un obradoiro de animación en Stop Motion (técnica de animación audiovisual que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas); o traballo realizado foi moi completo, posto que os/as alumnos/as puideron iniciarse na modelaxe de figuras de plastilina e deseño de escenarios para logo introducirse na técnica de Stop Motion nun set composto por cámara fotográfica  e equipo informático. O resultado de tres horas de traballo non podía ser máis satisfactorio!!.

 


 O pasado 7 de maio o alumnado do CS de Educación Infantil e do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia viaxou ata o Concello de A Capela, para visitar o CEIP Mosteiro de Caaveiro, de onde xorde o proxecto “Brinquedos”, adicado á recuperación e difusión do xogo tradicional. Alí os alumnos e alumnas puideron disfrutar dunha xornada dirixida polos propios nenos e nenas do CEIP, verdadeiros expertos en xogos tradicionais, así como tamén visitar o seu propio museo do xoguete. Para completar a xornada e aproveitar todos os recursos que ofrece a zona, realizouse ademais unha visita ó Museo Etnográfico de A Capela e un roteiro polas Fragas do Eume.