FCT

O módulo de FCT (prácticas) é como un pequeno laboratorio onde imos experimentar co aprendido e, á súa vez, ampliar os coñecementos grazas a outros profesionais que xa están inmersos no mundo da educación infantil. Consta de 480 horas, dentro das que haberá reunións quincenais co titor ou titora do CIFP que, en coordinación co titor ou titora da empresa, encárganse de valorar a estancia do alumno ou alumna en empresas de atención á infancia dedicadas á educación formal (con rapaces e rapazas de ata tres anos) e á educación non formal (con rapaces e rapazas de ata seis anos).