Presentación

O departamento da Familia Profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade ten atribuída docencia nos seguintes ciclos formativos:

-       Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil.

-       Ciclo Formativo de Grao Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

No caso do ciclo de grao superior, ademais do período de prácticas ou módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT), o alumnado ha de cursar paralelamente outro módulo denominado Proxecto de Atención á Infancia. No ciclo medio só se realiza o período de prácticas ou FCT.

Ademais da docencia que imparte o profesorado deste departamento, os dous ciclos posúen módulos de carácter transversal como son Formación e Orientación Laboral e Empresa e Iniciativa Emprendedora, que imparte profesorado doutro departamento. Tamén hai outros módulos (Primeiros Auxilios, Atención Sanitaria e Atención Hixiénica) dos que é responsable profesorado doutras especialidades.