Presentacion departamento Transporte e mantemento de vehículos

Nos últimos anos, a estructura productiva do noso entorno veuse afectada pola globalización económica, o avance das tecnoloxías e as novas técnicas de producción e xestión nas empresas. Ante isto calquera economía queira garantir a estabilidade no emprego e no mantemento da competitividade entre empresas necesita traballadores cualificados con amplas habilidades e con capacidade para seguir formándose e así adaptarse os novos retos que sen dúbida presentaranse en calquera dos sectores en que desenvolvan a súa profesión. Estes obxectivos alcanzaranse a través dunha axeitada formación dos traballadores, tanto inicial e previa a incorporación o mundo laboral, como continua o longo da vida. Isto e o que intentamos conseguir cos nosos alumnos, que saian cunha preparación adecuada o mundo laboral no que han de desenvolverse, e así mesmo a través da formación continua poder estar  sempre ó corrente nas novas técnicas de producción.