Saidas Profesionais

CM DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

SAÍDAS PROFESIONAIS

CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO        

Finalizado o Ciclo Medio de Xestión Administrativa pódese optar a un posto de auxiliar administrativo, tanto na empresa privada como na Administración pública.

Todas as empresas precisan do traballo administrativo e o título de Técnico en Xestión Administrativa capacita para traballar en:

  • Empresas pequenas, medianas ou grandes.
  •  Empresas de calquera sector da actividade (industriais, comerciais e de servizos).
  • Na Administración Pública:
  1. Local.
  2. Autonómica.
  3. Estatal.

OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO MÁIS RELEVANTES:

·         Auxiliar administrativo/a.

·         Axudante de oficina.

·         Auxiliar administrativo/a de cobros e pagos.

·         Administrativo/a comercial.

·         Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal.

·         Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.

·         Recepcionista.

·         Empregado/a de atención á clientela.

·         Empregado/a de tesouraría.

·         Empregado/a de medios de pago.

Ciclo Superior de Administración e Finanzas

SAÍDAS PROFESIONAIS

CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO        

As persoas que rematen os estudos do ciclo formativo de grao superior correspondente a titulación de técnico superior en administración e finanzas poderán exercer a súa actividade en calquera tipo de empresa, así como nas Administracións públicas, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa.

Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.

OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO MÁIS RELEVANTES:

·         Administrativo/a de oficina ou despacho profesional.

·         Administrativo/a comercial.

·         Administrativo/a financeiro/a.

·         Administrativo/a contable.

·         Administrativo/a de loxística.

·         Administrativo/a de banca e de seguros.

·         Administrativo/a de recursos humanos.

·         Administrativo/a da Administración pública.

·         Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.

·         Técnico/a en xestión de cobros.

·         Responsable de atención á clientela.