Presentación administrativo

 

 

PRESENTACIÓN

 

Somos un equipo de persoas con vocación de ensinantes, con experiencia e preparación que, creemos,  non escatima dedicación, entusiasmo e enerxía.

Como docentes temos a vontade de aprender, ensinar e compartir coñecementos e destrezas, ter iniciativas e poñelas en práctica para facer as cousas cada día mellor traballando en equipo e conseguir “Auxiliares e Técnicos Administrativos” capaces de adaptarse aos rápidos cambios na profesión administrativa, de ser flexibles e de construír a súa propia autonomía profesional nun mundo empresarial sempre moi complexo, sen esquecernos das persoas con capacidades diferentes.

O noso alumnado sae preparado para desempeñar múltiples tarefas no seu campo profesional e á vangarda nas últimas tecnoloxías pero sen deixar de lado a súa preparación para ser cidadán responsable, capaz de afrontar e resolver problemas.

As alumnas/os realizan formación en empresas da zona ou en países da U.E., algo no que contamos con anos de experiencia, a través da F.C.T. e dos proxectos europeos, fórmanse a todos os niveis cara a súa inserción no mundo laboral.

A nosa oferta educativa ten como obxectivo formar profesionais capaces de inserirse na realidade produtiva, caracterizada por unha rápida evolución tanto dende o punto de vista tecnolóxico como da organización do traballo. Tamén poden continuar os estudos no campo universitario.

Pretendemos ser un referente da familia de “Administración e Xestión” no noso contorno, poñendo  profesionais e modernas instalacións ao servizo da innovación no ámbito da formación e da mellora da calidade na F.P.

A continuación podes ver un video promocional da nosa familia profesional: