Actividades complementarias Administración e xestión

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA E AO MUSEO DO POBO GALEGO

Alumnos/as de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas acudiron a Compostela o pasado martes 12 de febreiro, para visitar o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego.

Durante a visita matutina ao Parlamento puideron coñecer as distintas dependencias do edificio (salóns, salas de grupos, biblioteca, ...), así como parte da súa importante colección de obras de arte. Recibiron unha explicación sobre a historia deste edificio nobre, e sobre a importante actuación nel realizada para adecualo ás súas funcións como edificio parlamentario. Non faltou, como é lóxico, a asistencia ao Salón de Plenos, onde presenciaron un debate do pleno da cámara.

A primeira hora da tarde visitaron o Museo do Pobo Galego. Nel recóllese a historia recente do noso país no que ten a ver cos oficios, vivenda, hábitat, costumes, ..., importante de cara a coñecer a nosa realidade actual. Non faltou tampouco a subida polas distintas aspas da súa escaleira helicoidal, un prodixio arquitectónico deste edificio nobre en Santo Domingos de Bonaval.

A valoración das visitas resultou moi positiva, sendo do agrado de todas as persoas participantes. Esta actividade complementaria foi programada en relación cos módulos Empresa e Administración do CMXA e Xestión da Documentación Xurídica e Empresarial do CSAF.

 

 

VISITA AOS XULGADOS AOS XULGADOS DO SOCIAL DO ALUMNADO DE ADMINISTRACIÓN

As alumnas e alumnos de 2º curso de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e de Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitaron o luns 17 de decembro os Xulgados do Social de Lugo. Asistiron ás vistas de varios xuízos sobre despedimentos, reclamacións de cantidade, modificacións substanciais das condicións laborais e encadeamento de contratos temporais.

Alumnado e profesorado consideraron moi satisfactoria a actividade, xa que lles permitiu constatar como se aplican no mundo laboral os dereitos e deberes relacionados con distintos aspectos da vida laboral estudados en clase.

 

As persoas participantes desexan agradecer a todas as persoas intervenientes nos xuízos a súa colaboración para o bon aproveitamento da actividade, e, en especial, á Sra. Xuíza titular do Xulgado nº 3 as súas explicacións.

 

 

 

VISITA A PULL & BEAR

 

 

 

 

 O 19 de outubro os grupos de 2º do C.S. de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS e 2º CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA do CIFP PORTA DA AUGA de RIBADEO visitou o CENTRO LOXÍSTICO DE PULL&BEAR, sito en Narón-Ferrol,   que pertence ó grupo INDITEX, que opera nos 5 continentes, co fin de ver o seu proceso loxístico de distribución  e deseño para afianzar os coñecementos adquiridos nas  aulas.

Dende esta páxina dar as grazas ó persoal da empresa que nos explicou e mostrou amablemente as suas instalación.

 

  

 

 

VISITA A FÁBRICA DE SARGADELOS

 

 

O Pasado 9 de outubro os grupos de 2º  C.S. de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS e 2º C.M. de XESTIÓN ADMINISTRATIVA do CIFP PORTA DA AUGA de Ribadeo-Lugo VISITOU A FÁBRICA DE SARGADELOS  co fin de coñecer o seu sistema de producción en planta circular e comprobar que son fieles o seu eslogan que é a marca da casa: DESEÑO, CULTURA, HISTORIA E CALIDADE. Dar as grazas polo seuacollemento os/as traballadores/as de esta “pequeña gran industria”.