Actividades complementarias do departamento

 

Os alumnos do ciclo formativo de grado superior da familia de Electricidade e electrónica participaron o día 14/05/2019 nunha actividade de formación sobre realización de manobras de mantemento e verificacións regramentarias  de Instalacións de Alta Tensión.

            A actividade contou coa colaboración da empresa Frigoríficos de Ribadeo SA, a cal permitiu facer as prácticas no seu Centro de transformación. As  prácticas efectuadas nesta instalación consistiron en corte e reposición da tensión nunha instalación industrial con acometida a 20.000V, reposición dun fusible e realización das medidas que hai que facer nunha inspección así como no mantemento deste tipo de instalacións.

            Asistiron un total de 11 alumnos e dous profesores. Tamén participou a empresa EUROCONTROL de Ames (A Coruña) que foi a que explicou como se verifican e realizan as labouras de mantemento das instalacións de alta tensión deste tipo.

 

            Queremos agradecer as Empresas citadas que nos permitiran facer estas prácticas moi interesantes para a formación do alumnado.

O xoves 25 de Maio de 2017 celebrouse no Salón de Actos do noso centro, unha charla sobre a nova regulación sobre cables electricos, impartida por Isabel de General Cable e coa colaboración da delegación de Lugo de Digamel.

A mesma asistiron instaladores eléctricos dos arredores de Ribadeo, alumnos e ex-alumnos de Electricidade e Edificación e Obra Civil.

 Foto 1 Charla CPR

 

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Departamento de Electricidade e electrónica vai organizar unha xornada de formación en colaboración coas empresas

 

CURSO PRÁCTICO  SOBRE CADROS ELÉCTRICOS INTELIXENTES A CELEBRAR NO CIFP PORTA DA AUGA DE RIBADEO

  O curso terá lugar o próximo mércores día 9 de novembro no salón de actos do CIFP e en horario dende as 19:30 ata as 21:00 horas. Vai dirixido a persoas relacionadas coa instalación eléctrica.

Trátase dunha charla técnica que será eminentemente práctica e na que configuraremos un SMARTLINK a través de un PC o cal nos permitirá gobernar os circuitos e as súas proteccións via web.Para elo Dispoñeremos dunha maqueta co producto real o cal configuraráse perante a charla partindo dende CERO empregando un PC, o cal será proxectado para que os asistentes poidan velo.

 O Programa da charla facilitado polas Empresas participantes é o seguinte:

PROGRAMA DEL CURSO

1- Descripción del sistema:

Smartlink es un producto de Schneider que permite monitorizar un cuadro eléctrico de una forma sencilla.

No necesitamos de programación, ni de software.

Se puede utilizar con cuadros de pequeños calibres.

Aplicaciones: Oficinas, pequeños hoteles, talleres, etc.

Podemos monitorizar un cuadro eléctrico, mediante un PC o Tablet.

Coste reducido.

2- Ejercicios prácticos:

Conexión a la red informática del local.

Configuración del smartlink para comunicar con el sistema.

Añadir entradas y salidas (contactores, interruptores, sonda temperatura, etc).

Mando a distancia de la instalación (abrir y cerrar interruptores, contactores, etc).

Control temperatura a través de una sonda.

Configuración de usuarios.

Configuración de una alarma (ejemplo de disparo de un diferencial y envío de un email).

Configuración de una alarma de baja temperatura, con envío de email a un usuario).

 

Ponente: José Antonio Uzal, DIGAMEL

 

LUGAR: RIBADEO

Mercores 9 de novembro de 2016

Horario de 19:30 ata as 21:00 horas

Salón de actos do CIFP PORTA DA AUGA de RIBADEO

Avda de Luarca s/n

27700 RIBADEO

TFNO INFORMACIÓN 982128894 // 627790582

cifp.portadaauga@edu.xunta.es

 

 --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pasado xoves día 26/11/2015 varios alumnos dos Departamentos de Electricidade e do de Transporte e mantemento de vehículos visitaron o Parque de Sotavento situado en Xermade (Lugo).

Na visita explicaron varios técnicos do parque o funcionamento do mesmo, o funcionamento dun aeroxerador,  así como tamén visitaron varías instalacións relacionadas coas enerxías renovables, entre elas a Vivenda bioclimática situada dentro do parque.

 

  Asimesmo observaron como se realizaba a parada e o posterior arranque dun aeroxerador que estaba en funcionamento.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Departamento de Electricidade e Electrónica ven de organizar unha actividade consistente nunha charla sobre a situación do sector relacionado coa Electricidade, máis concretamente sobre a situación actual das Empresas Instaladoras de Electricidade e Telecomunicacións,  da comarca de influencia do Centro Integrado de Ribadeo. Esta reunión celebrouse o pasado venres 17 de abril nun establecemento de hostalería de Ribadeo as 8:30 da tarde.

A reunión foron invitados antigos alumnos que remataron os seus estudios no ciclo de Electricidade no noso Centro Integrado nos últimos 8 anos así como tamén se invitaron a Empresas cuxos Instaladores autorizados fixeron estudios no noso Centro.

Na charla participaron a Asociación de Instaladores Electricistas da Provincia de Lugo (APIEL) , así como a Asociación Empresarial de Instalacións Eléctricas y Telecomunicacións de Asturias (INELTAS). Por parte de APIEL participou D. Eduardo Fernández Vila que é o presidente da citada Asociación. Por parte de INELTAS participou D. Guzmán Fernández López. A charla estivo presentada e presidida pola directora do CIFP Dª Beatriz Dobaño.

 Aparte da charla pasouse un pequeno cuestionario os antigos alumnos asistentes co gallo de coñecer a situación laboral actual así como opinións entorno a formación recibida no Centro. Tamén se lles preguntou por necesidades de formación continua.

 

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Visita de alumnos de electricidade ó parque fotovoltaico de Outeiro de Rei

Os alumnos do Ciclo Formativo de Instalacións eléctricas e automáticas así como os alumnos do curso de Montaxe e mantemento de Instalacións solares fixeron unha visita ó parque fotovoltaico existente en Outeiro de Rei