Matrícula Ciclos Formativos curso 2015-2016

Pinchando aquí poderás obter información do proceso de admisión de ciclos formativos curso 2015-2016 (plazos de admisión)

Nestes enlaces poderás obter máis información actualizada do estado das solicitudes de admisión a ciclos formativos para o ano 2015:

http://www.edu.xunta.es/fp/

https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/PaxinaInicio.do

Titulación e acreditación de Probas Libres

As persoas que superen módulos profesionais a través das probas libres terán dereito a que se lles expida un certificado académico dos módulos profesionais superados, o cal terá, ademais dos efectos académicos, efectos de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema nacional de cualificacións e formación profesional, de acordo co establecido no artigo 43.4 da Orde do 12 de xullo de 2011. O modelo de certificación será o establecido no anexo XI da devandita orde.

( categories: )

Proxección da película "Galatasaray-Depor"


O vindeiro xoves 18 de xuño dentro da programación do ciclo de cinema galego “Ribafilm” proxectarase o filme Galatasaray – Depor ás 20:00 h no salón de actos do CIFP PORTA DA AUGA e levada a cabo polo alumnado do Curso de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.

Trátase dunha película dirixida por Hannes Stöhr e protagonizada por Luis Tosar, Victor Mosqueira, Marta Pazos, Manuel Cortés, Luidmila Tsvetkova entre outros actores recoñecidos internacionalmente onde, en clave de comedia,  se tratan as diferenzas culturais e lingüísticas dos europeos cun pano de fondo, o fútbol, que parece ser o que máis nos une a tódolos países europeos.

Durante a proxección ofrecerase flocos de millo a todo o público que o desexe.

 

Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio

 

Publicada a listaxe provisional de cualificacións nas probas de acceso a ciclos medios.

Para acceder a listaxe, premer aquí.

Período de reclamación, dende o día 15 ao 17 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Modelo de reclamación contra as cualificacións provisorias.

 

Máis información

Obradoiro de animación en stop motion

O 14 de maio o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil puido asistir a un obradoiro de animación en Stop Motion (técnica de animación audiovisual que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas); o traballo realizado foi moi completo, posto que os/as alumnos/as puideron iniciarse na modelaxe de figuras de plastilina e deseño de escenarios para logo introducirse na técnica de Stop Motion nun set composto por cámara fotográfica  e equipo informático. O resultado de tres horas de traballo non podía ser máis satisfactorio!!.

 

Visita ó CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela)

O pasado 7 de maio o alumnado do CS de Educación Infantil e do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia viaxou ata o Concello de A Capela, para visitar o CEIP Mosteiro de Caaveiro, de onde xorde o proxecto “Brinquedos”, adicado á recuperación e difusión do xogo tradicional. Alí os alumnos e alumnas puideron disfrutar dunha xornada dirixida polos propios nenos e nenas do CEIP, verdadeiros expertos en xogos tradicionais, así como tamén visitar o seu propio museo do xoguete. Para completar a xornada e aproveitar todos os recursos que ofrece a zona, realizouse ademais unha visita ó Museo Etnográfico de A Capela e un roteiro polas Fragas do Eume.

Obradoiro eleccións profesionais

O pasado venres 8 de Maio, no CIFP Porta da Auga, tivo lugar un obradoiro no que a través das propias ensinanzas impartidas no CIFP, pretendeuse traballar sobre a igualdade de xénero. Esta actividade , ao igual que outras que xorden na Mesa Intersectorial de Violencia de Xénero na que participamos os centros de ensino do Municipio, contou dende o primeiro momento co apoio do equipo directivo. Xa que somos conscientes de que para que a igualdade entre homes e mulleres sexa posible, un dos obxectivos que como sociedade e como educadores/as temos que perseguir é promover o acceso igualitario ao mundo laboral e, por ende, á formación previa até chegar a el.

Tanto a lexislación europea coma o marco normativo que actualmente nos rexe, establecen que  a Formación Profesional “comprende un conxunto de accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado das profesións, o acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica.(…)” Asemade, marcan coma obxectivos a consecución do desenvolvemento integral da persoa á marxe dos estereotipos e dos papeis en función do sexo, o rexeitamento de toda forma de discriminación e a garantía dunha orientación académica e profesional non condicionada polas diferenzas sexuais.

Mais alá de seguir unha normativa, e partindo do noso sentir, decidimos levar a acabo esta Obradoiro, que tratou de favorecer o achegamento do alumnado aos diferentes estudos e axudar a que poidan facer a súa escolla profesional coa menor cantidade de sesgos posibles. Evitando que o alumnado pense que hai profesións mais de chicos e outras de chicas.

Neste obradoiro contamos coa participación dun grupo de alumnos/as de 3º e 4º da ESO e profesorado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, e do 1º curso do C.M.  de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do C.S. de Automoción, os cales grazas a su bo facer,  o traballo, implicación e apoio continuo dos titores e a profesora do módulo de Atención Sanitaria, conseguiron que chicos e chicas experimentaran tarefas e actividades propias de ámbalas dúas ensinanzas, dentro dun ambiente ameno, colaborativo, sensible, e respectuoso coas persoas e os traballos a desenvolver.

Correlingua 2015

O alumnado de 1º curso do ciclo formativo de grao superior en Educación Infantil, coa coordinación da profesora Puri Ferreiro, participou activamente no Correlingua 2015, celebrado o 5 de maio en Ribadeo. Estivo encargado de organizar o fotocall e tamén de levar a cabo actividades de animación –como se pode ver nas imaxes– co alumnado da etapa de Educación Infantil dos CEIPs participantes; actividade necesaria, xa que os nenos e nenas máis pequenas non participan na carreira. A xornada foi proveitosa, tanto polo que ten de reivindicación da Lingua como que lles permitiu traballar directamente coas nenas e nenos.

Axuda ó Nepal

O alumnado de 1º do CS de Educación Infantil, está a realizar unha campaña solidaria en favor de todas as nenas e nenos damnificadas na catástrofe de Nepal. Durante os recreos venden diversos postres realizados por eles e elas mesmas. Animámovos a participar desta boa causa e a desfrutar dos nosos doces!

Distribuir contido