I Semana da diversidade funcional no CIFP PORTA DA AUGA

I SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL NO CIFP PORTA DA AUGA

Ó longo desta última semana de clase, antes de comezar as merecidas vacacións de Nadal, o CIFP Porta da Auga acolleu a I Semana da Diversidade Funcional, organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade.

O pasado luns 14 de decembro contamos coa presenza de Iago Santalla, doutor en Humanidades e Servizos Culturais e Coach educativo. Falounos da súa teoría do “ilímite”,   entendendo este como “a máxima capacidade dunha persoa, aquela que, cando a desenvolve nunca cede ao cansazo, senón o contrario, dá satisfacción, aumenta a autoconfianza e dá forzas para seguir adiante”.

O martes 15 tivemos a oportunidade de achegarnos á realidade do Trastorno Específico da Linguaxe (T.E.L.), a través dunha Charla-obradoiro impartida por Macarena Campo Lago (logopeda) e Olga Dablanca Legaspi (nai dun neno con T.E.L.), da asociación Capaces Lugo.

O mércores 16 contamos coa inestimable visita dos/as profesionais e usuarios/as da Fundación “Eu Son”, creada para velar polo benestar das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. Puidemos disfrutar dun pequeno concerto da man do seu grupo de música.

De entre as numerosas actividades que se programaron nesta semana adicada á diversidade, podemos destacar tamén os obradoiros creativos ó redor da diversidade desenvolvidos polo alumnado da familia profesional.

Visita a Lugo dos segundos cursos de Administración e finanzas e de Xestión administrativa

Un grupo de alumnos de 2º de Xestión Administrativa e outro de 2º de Administración e Finanzas asistiron o día 17 de decembro de 2.015 a una visita a Lugo por mor da realización de dúas actividades extraescolares.

A primeira desas actividades, organizada polo profesor Anxo Martínez Pérez  tivo lugar pola mañá, e consistiu na asistencia ós xulgados do social para ver dous xuízos sobre despidos, ademais dunha charla que lles deu unha maxistrada mentres nun dos xuízos as partes litigantes tentaban unha conciliación.

A segunda das actividades organizada polo profesor Xosé María Martínez Fernández tivo lugar pola tarde, e consistiu nunha visita ó Rexistro Mercantil  onde dous funcionarios lles explicaron todo o proceso de legalización de libros contables e de depósito das contas anuais e se lle fixo entrega por parte dese dous funcionarios dos formularios pertinentes para dar cumprimento ós trámites administrativos antes descritos.

Charla sobre contaminantes DIESEL

Este mercores día 16 de Decembro, o Profesor da familia de Transporte e mantemento de vehículos Rafael Fernández Reiriz vai a impartir unha interesante charla sobre emisión de substancias contaminantes Diesel e a problemática tan actual existente sobre a contaminación de motores deste tipo en determinadas marcas de vehículos automóviles.

           

 Pola mañán a charla terá lugar as 12:30 h no salón de actos do CIFP dirixida a alumnos e a profesores e pola tarde do mesmo día mércores celebrarase no mesmo lugar as 19:30 horas aberta para todo o mundo que queira asistir.

 

Obradoiro sobre Soporte Vital Básico para a familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade

O pasado venres, 27 de novembro, o alumnado do segundo curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do segundo curso do Ciclo Superior de Técnico en Educación Infantil, asistiron a un obradoiro sobre Soporte Vital Básico, desfibrilación e actuación en atragoamentos. 
Para impartilo contouse coa colaboración dunha médica e un enfermeiro do 061, da man dos cales poideron escoitar as situacións reais que se encontran no seu día a día relacionadas con estes temas. Tamén explicaron con detalle como funciona a central de coordinación do 061, dende que se atende a chamada dunha emerxencia sanitaria, ata que se resolve.
A continuación xerouse un coloquio no cal os alumnos lles poideron preguntar calquera dúbida ou curiosidade; para logo, xunto co persoal do 061, practicar e demostrar as súas habilidades nas manobras xa estudadas no módulo de Primeiros Auxilios que cursan.

 

Visita ó parque de Sotavento

O pasado xoves día 26/11/2015 varios alumnos dos Departamentos de Electricidade e do de Transporte e mantemento de vehículos visitaron o Parque de Sotavento situado en Xermade (Lugo).

Na visita explicaron varios técnicos do parque o funcionamento do mesmo, o funcionamento dun aeroxerador,  así como tamén visitaron varías instalacións relacionadas coas enerxías renovables, entre elas a Vivenda bioclimática situada dentro do parque.

 

  Asimesmo observaron como se realizaba a parada e o posterior arranque dun aeroxerador que estaba en funcionamento.

Haciendo amigos

O 20 de novembro o alumnado de 1º de FP Básica Mantemento de vehículos visitou o Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo, para realizar un taller  Haciendo amigos, actividade sobre o uso responsable nas redes sociais  e nos chats.

O alumnado traballou como empregalas con responsabilidade e sentido crítico, gozando das vantaxes que nos ofrecen pero coa seguridade necesaria para que non se vulneren os nosos dereitos.

 

Visita ó Centro de día "A Concordia"

VISITA PARA COÑECER OS RECURSOS LOCAIS PARA A ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA.

 Un ano máis, e co fin de coñecer os recursos que ofrecen os Servizos Sociais do Concello de Ribadeo para a atención ás persoas en situación de dependencia, o alumnado de 1º curso do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitou, o luns, 16 de novembro, as diferentes instalacións que podemos atopar na zona atendendo aos diferentes perfís dos usuarios. Así, os alumnos/as, ademais de asistir a unha charla introdutoria, tiveron a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito coñecendo o  Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de persoal do concello e dos propios responsables de cada unha das instalacións.

 

Xornada de formación de autoemprego

O día 03 de novembro o alumnado dos 2º cursos de ciclos superiores de Educación Infantil, Administración e Finanzas e Automoción asistiron a unha actividade enmarcada no “Proxecto Emprendedores”  organizada pola Fundación CEL, Iniciativas por Lugo, un centro de Iniciativas emprendedoras.

A xornada dividiuse da seguinte maneira: nun primeiro momento, o alumnado participou nunha charla   na que  dunha maneira interactiva e participativa lles deron a coñecer o proceso de posta en marcha dunha empresa e adquisición de competencias básicas en persoas interesadas no autoemprego, e isto dunha maneira activa a través de dinámica de  grupos.

Seguidamente visitamos  un viveiro de empresas, instalación con capacidade para acoller máis de vinte proxectos e onde se lles presta axuda aos emprendedores durante os primeiros pasos do seu proxecto empresarial,  e onde tivemos a oportunidade de que un emprendedor nos contase brevemente a súa experiencia así como as vantaxes de empregar este recurso.

Por último, un emprendedor dos que estivo neste viveiro e sacou adiante o seu proxecto, El faro de los tres mundos, impartiunos unha pequena charla na que nos  transmitiu a súa experiencia real destacando sobre todo a necesidade de crear con ilusión e tendo paixón no que se persegue, ter confianza absoluta no proxecto e traballar con  enerxía, optimismo, entusiasmo, deixando fóra os medos a …

Charla alumn@s da primeira promoción do Ciclo formativo de atención a dependencia

CHARLA DUN GRUPO DE ALUMNAS DA PRIMEIRA PROMOCIÓN

 O xoves, 5 de novembro, un grupo de antigas alumnas da primeira promoción do CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA, volveu ás aulas do Porta da Auga para contar  aos grupos que cursan o ciclo actualmente, a súa experiencia no eido laboral. O seu testemuño aportou unha visión especialmente próxima ao alumnado actual, e todos os presentes tiveron a oportunidade de compartir impresións en relación á realidade educativa e ás particularidades do traballo nos diferentes ámbitos da atención ás persoas en situación de dependencia.

      

 

 

Libros de texto

Lista de libros de texto clasificados por Familias Profesionais e ciclos formativos.

Preme na imaxe seguinte:

 

Distribuir contido