Cruzando versos

Blog persoal da familia de servicios socioculturais e a comunidade

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Formación para o Consumo

O alumnado de 1º de Educación Infantil  e 1º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia  visitaron o día 28 de xaneiro o Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo.

Participaron nun obradoiro sobre Cómo aforrar nas compras, onde traballaron  fundamentalmente a importancia do consumo responsable e  pautas para favorecelo.  Analizaron a influencia  da publicidade no consumo e as técnicas de venta más comunmente empregadas para favorecer  a compra por impulso.

 

 

Aprehender a comunicar

Ontes 25 de xaneiro o noso alumnado que participa no Proxecto Lugo Emprende II participou na charla Aprehender a comunicar impartida por Alejandra Sánchez , consultora  e coach especializada en recursos humanos e dedicada dende o 2002 o entrenamento de habilidades de comunicación e oratoria.

Foi unha actividade dinámica e moi proveitosa na que se traballou a importancia da comunicación verbal, non verbal, vocal e a necesidade da coherencia entre elas; os distintos estilos relacionais, e a importancia de ter claro que quero dicir e como o vou  facer.

Alejandra Sánchez deulle ao alumnado recursos e estratexias que seguramente lles axuden a mellorar o seu día a día na aula e por suposto no mundo laboral o que nun futuro  próximo accederán.

 

Motivación

Un ano máis no CIFP Porta da Auga contamos con Felipe García Rey, “coach”

profesional que impartiu a charla Motivaciónenmarcada no Proxecto Lugo Emprende II.

Nela pretendeuse motivar ao alumnado, traballar o autocoñecemento coa idea de aprender, descubrir o potencial que cada un ten, as súas capacidades e enfocalas correctamente para a consecución dos obxectivos propios, tanto persoais como profesionais.

Con estas actuacións preténdese dar algunhas claves necesarias para enfrontarse con éxito a busca de emprego, coñecendo as esixencias do mundo empresarial e facéndoo con seguridade nun mesmo.

 

Laboratorio de residuos

O venres 22 de xaneiro o alumnado de 1º de FP Básica Mantemento de vehículos repite visita ao Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo, esta vez para realizar o taller Laboratorio de residuos.

Nel  traballaron  sobre o coñecemento e análise de distintos tipos de residuos, formas, cores, propiedades  e o proceso de reciclado, así como sobre a importancia dunha boa xestión destes. Todo isto levouse a cabo a través da observación directa, dunha maneira práctica e amena.

 

Visita da familia profesional de Administrativo a empresa COCA-COLA COMPANY

 

O ALUMNADO DA FAMILIA PROFESIONAL DE ADMINISTRATIVO, visitó  o 13/01/16 as instalacións  “THE COCA COLA COMPANY” na Coruña. Esta compañía está presente en máis de 200 países xenerando emprego e cooperando nas actividades de educación, deporte, cultura, ocio e medio ambiente.

Plan director (Prevención consumo de alcol e drogas)

 

O pasado  14 de xaneiro,  Ramón Peña  impartiu unha charla sobre Alcol e drogas para o  alumnado de 1º curso dos ciclos formativos do CIFP Porta da Auga.

Esta charla enmarcase dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E MÁIS NOS SEUS ENTORNOS.

O obxectivo da actividade foi traballar a prevención do consumo de drogas e dos riscos e problemas asociados a esa conduta; contribuíndo a desenvolver no noso alumnado unha personalidade autónoma, crítica e reflexiva; e desmitificar crenzas erróneas sobre a normalización do consumo de drogas  ampliando  a percepción das consecuencias negativas do consumo.

 

 

Nova convocatoria para Acreditación de competencias 2016

Publicada a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Para coñecer as unidades de competencia que se acreditarán no CIFP PORTA DA AUGA así como o calendario para o desenvolvemento do proceso de acreditación preme aquí.

Si queredes obter máis información sobre o proceso de inscripción e admisión premer aquí.

Si queredes consultar a Orde premer aquí.

Resume do proceso e dos requisitos para poder participar:

  • A solicitude de participación deberá presentarse por escrito na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación está activa a partir do 11 de xaneiro de 2016.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de xaneiro de 2016 ao 5 de febreiro de 2016.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente a persoa solicitante.

Visita do CFGM de atención a persoas en situación de dependencia a residencias de maiores en Viveiro e Cervo

O CFGM de atención a persoas en situación de dependencia realizou unha saída pedagóxica para visitar a residencia para persoas maiores GERIATROS de Viveiro e a residencia para enfermos mentais de Cervo.
Nesta saída puderon coñecer estos centros de referencia en atención a persoas en situación de dependencia na mariña o que lles permitiu coñecer a realidade social de estes colectivos.

 

Modelos de traballo.

Alumnado do noso centro tivo ontes a opotunidade de participar nun taller impartido por Juan Diego Pereiro Areán (www.WeKAb.com), Roberto Touza (www.nadielabs.es) e  Marta Falcón (www.DestinoCreatividad.com) no que dunha maneira práctica  desenvolveron modelos de negocio usando unha metodoloxía áxil para o emprendemento, facilitándolles que esta e as ferramentas traballadas sexan aplicadas nun futuro nas súas propias ideas de negocio.

 

Distribuir contido