Acreditación de competencias 2016: lixtaxes definitivos

Acaba de ser publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas así como o baremo obtido por unidade de competencia.

Máis información en acreditación e probas,  aquí

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO DEPARTAMENTO DE TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHICULOS

 

SEMANA EUROPEA DA FORMACION PROFESIONAL, visita de Jens Søndergaard Hansen

Durante los días 1,2 y 3 de octubre hemos realizado las actividades programadas dentro de la semana europea de la formación profesional. Nuestro profesor invitado fue Jens Søndergaard Hansen – College 360 – Silkeborg – Dinamarca Durante estos realizamos actividades en dos centros de formación profesional ( IES Mª Sarmiento de Viveiro e CIFP Porta da Auga de Ribadeo) y visitas a dos empresas del sector de la carrocería(Hnos. Rega e Moggaro Aluminium Yachts de Barres). Las actividades en los centros fueron centradas en los estudios de carrocería en Dinamarca y también en actividades practicas como trabajar la carrocería de los vehículos. También durante estos días hemos realizado visitas culturales a las poblaciones de Ribadeo y Mondoñedo. Por último destacar que en las reuniones de trabajo hemos iniciado un proceso de colaboración para solicitar un proyecto Erasmus+ para alumnos y profesores que fortaleza la relación entre los centros y empresas de Galicia y Dinamarca.

 

 

 

 

Visita dos alumnos de 2º do Ciclo Medio de  Carrozaría ás empresas “Carrocerías Centeno” e “Galvanizados Avilés” (18/03/16)

O alumnado da Familia profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos visitou, o 18/03/16 as instalación das empresas “Carrocerías Centeno” e “Galvanizados Avilés”, nas cales puideros ver parte dos procesos de preparación de superficies e embelecemento de superficies, así como procesos de galvanizado de diferentes estructuras metálicas.

Visita Ao Centro de Día de AFALU e ao Centro Residencial San Vicente de Paúl

Visita Ao Centro de Día de AFALU e ao Centro Residencial San Vicente de Paúl

O martes, 15 de marzo, o alumnado de  1º 2º do CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia, achegouse ata Lugo para coñecer de primeira man o Centro de Día da Asociación de familiares de Enfermos de Alzheimer ( AFALU) e o Centro Residencial Asistencial e Ocupacional San Vicente de Paúl, adicado á atención e educación de persoas con discapacidade. En cada un dos centros, alumn@s e profesores tiveron a oportunidade de coñecer un recurso directamente asociado aos contidos do ciclo dende unha perspectiva global e nun contexto eminentemente práctico, onde se valorou, particularmente, a implicación dos traballadores na atención aos usuari@s.

    

Obradoiro de comunicación on line

OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN ON LINE (16/03/16)
Os alumnos de 2º do C.M. de Xestión Administrativa xunto cos de 1º do C.S. de Administración e Finanzas participaron nun obradoiro sobre “Comunicación online para empresa” o día 16 de Marzo, impartido por Blanca Díaz Reimunde.
O obxectivo deste obradoiro e que o alumnado coñeza as posibilidades que achega o emprego correcto das redes sociais no ámbito profesional, os medios máis axeitados para a creación de páxinas web e blogues de empresa, así como outras ferramentas de comunicación e marketing que lles resultarán moi útiles na súa vida laboral.

 

Videoclip elaborado por alumn@s do CIFP porta da Auga sobre a lingua de signos

VIDEOCLIP "VIVIR MI VIDA" EN LINGUA DE SIGNOS

Videoclip en lingua de signos realizado polo alumnado de segundo curso do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e os usuarios e usuarias do Programa de estimulación cognitiva Activamente do CIFP Porta da Auga (Ribadeo)."

Programa Activamente

A semana pasada rematou o Programa Activamente cunha grande satisfacción por parte dos usuarios, os técnicos e os profesores que formaron parte activa do proxecto.

Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior. Curso 2014-2015

Aberto o prazo para  os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2014/15.

Normativa: (DOG do 26 de febreiro)

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partires do día seguinte da publicación no DOG.

 

Representación da obra de teatro “O cazo de Sabela”

O pasado xoves 25 de febreiro no CIFP Porta da Auga programouse a obra de teatro "O cazo de Sabela", a cargo dos/as usuarios/as e profesionais da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña, unha obra que trata de facer visible a realidade da enfermidade mental e sensibilizar á sociedade ó redor dela eliminando estigmas e partindo dende as capacidades e potencialidades de cada persoa.

Obradoiro de Contacontos

O martes 16 de febreiro una vez máis contamos coa presenza de Bea Campos, contacontos, actriz e directora teatral, e David, que impartiron un obradoiro de contacontos para o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil.

Durante dúas horas e media, falounos de como enfrontarse á preparación dun conto para contar, dende escollelo  ata contalo, a disposición do contacontos, onde contar, relaxar, coñecer e desbloquear o corpo.

Todo isto intercalando contos e cantos, que fixo que o traballo se convertera en lecer.

Programa activamente

Dende o Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do CIFP Porta da Auga, estase a desenvolver o Programa Activamente, un programa adicado á estimulación cognitiva do colectivo de persoas maiores, integrado no Proxecto Lugo Emprende e dirixido polo propio alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

 Neste programa participan 12 persoas maiores de 55 anos con interese en mellorar as súas capacidades cognitivas (memoria, percepción, atención, etc.)

 As actividades que nel se plantexan estanse  a desenvolver e ó longo deste mes de febreiro, rematando o vindeiro martes 1 de marzo.

 

Distribuir contido