Skip to Content

Xornada para alumnado de Química "Tempos de orientación"

  

O pasado 3 de febreiro celebramos unha xornada dirixida ao alumnado de Química na que tivemos a oportunidade de achegarnos ao mundo da empresa da man de profesionais de empresas do sector.

 Margarita Collazo, responsable de Recursos Humanos de AkzoNobel, orientounos sobre como afrontar o proceso de busca de emprego e  que erros debemos evitar.

 

A continuación, Antonio Rodríguez e Iago González, do departamento de producción de Syngenta, guiáronnos nunha visita virtual polas instalacións desta empresa biotecnolóxica, fabricante de agroquímicos.

Na quenda de tarde, tivemos a oportunidade de escoitar a Ruth Castro, de Vithas Lab que nos fixo un repaso das actividades que levan a cabo nas diferentes divisións do laboratorio.

E para finalizar Sandra Ulla, investigadora do  CYTMA, Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Marina e Alimentaria, falounos dos procesos de innovación que desenvolven para dotar ás empresas do sector de produtos  e  procesos mais competitivos.



page | by Dr. Radut