Skip to Content

Complementarias

A NOSA VOZ

 NOSA VOZ. É o XORNAL do noso Colexio e volve ás rúas Guiño(pdf adxunto para descargar)

 

ENTROIDO CURSO 2020/2021

ENTROIDO 2021

Quedarnos sen Entroido

non o imos consentir

de un xeito diferente

ímonos divertir.

 

Os mandados do Facundo

comezan este luns  oito

debuxar unha estreliña

e xa ves que non é moito.

 

LUNS 8 DE FEBREIRO

PARA CHEGAR A COMPOSTELA

NA TESTA PINTA UNHA ESTRELA.

 

MARTES 9 DE FEBREIRO

O CAMIÑO XA NON VES,

PON O XERSEI DO REVÉS.

 

 

DÍA DO LIBRO.23 DE ABRIL DE 2020.

O DÍA DO LIBRO NO ARTAZA

Como o día 23 de abril é o Día do Libro, as mestras e mestres fixemos un conto para celebralo con vós. Agardamos que vos guste!

"A liberdade é unha libraría"

(Joan Margarit, Premio Cervantes 2019)

 

CLICAR:  A AVENTURA DE ROQUE NO MAR

 

 A AVENTURA DE ROQUE NO MAR

 

Clicar: Carabuñas

 

CARABUÑAS

 

 

 

 

O equipo de Ed.Infantil déixavos unha cadea de contos. Botádelle unha ollada!

 

 

 

SORTEO CESTA NADAL EXCURSIÓN 6º CURSO ED.PRIMARIA

 

SORTEO CESTA NADAL

EXCURSIÓN ALUMNADO 6º CURSO

O número gañador da cesta de Nadal é o 006.

 

 

ACTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

ACTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 2018  

O CEIP RAMÓN DE ARTAZA MANIFESTOUSE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

O mércores 21 de novembro o alumnado e profesorado do colexio muradán adiantouse na conmemoración do Día Internacional da Violencia contra a Muller que será o vindeiro domingo 25. Todo o alumnado vestido de negro ao unísono, formando un gran lazo negro na pista do colexio, cantaron e interpretaron en linguaxe de signos a canción de Guadi Galego “Chea de Vida”. Seguidamente leuse un manifesto contra a violencia de xénero adquirindo o firme compromiso de defender a igualdade dos nenos e nenas en todos os ámbitos. Para finalizar, soltaron globos negros e violetas simbolizando o desprendemento de toda actitude machista e a defensa da igualdade entre mulleres e homes. Por outro lado, o acto tivo lugar en presencia da Sra Alcaldesa, Mª Xosé Alfonso , que visitou o centro co gallo da campaña “Muros en Negro” agasallando a todos presentes cunha pulseira conmemorativa deste día.

 

 
 
 
Distribuir contido

        

 



by Dr. Radut