Skip to Content

Complementarias

CAMPIONA GALEGA DE CAMPO A TRAVÉS EN CATEGORÍA ALEVÍN

A nosa compañeira Ainara Fernández Rivadeneira vén de gañar o Campionato Galego de Campo a Través para atletas en idade escolar, polo que todos/as estamos moi contentos de ter unha campiona entre nós. Os resultados acadados polo alumnado do centro, especialmente polas nenas, nesta competición é un motivo de orgullo para todos/as nós e quixemos celebralo e facerlle unha pequeña homenaxe á nosa campiona.
PARABÉNS AINARA!!!

FASE INTERCOMARCAL DA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

 

PARABÉNS ÁS NOSAS CAMPEONAS!!

 

As rapazas do noso cole arrasaron o pasado 26 de xaneiro na fase intercomarcal da carreira de campo a través realizada en Noia.

As nosas clasificadas que lograron o pase á fase provincial para o próximo 3 de febrero en Culleredo son:

 

Benxamín Feminino: CLARA UHÍA 3º posto.

 

Alevín Feminino: AINARA FERNÁNDEZ 1º posto

 

Infantil Feminino: IRENE FERNÁNDEZ 2º posto

 

                         ALEXIA RAMA 3ºposto.

 



 

Un orgullo para os mestres que as acompañan e animan e para todo o centro.

Parabéns a todos os participantes polo esforzo e a ilusión que poñedes en todo o que facedes e moita sorte para a provincial.

 

IV XORNADAS "PASÁMOLO DE MEDO" 2015/2016

Distribuir contido

        

 



by Dr. Radut