Skip to Content

Complementarias

SAMAÍN 2018

                                               SAMAÍN 2018

Este pasado venres 2 de novembro celebramos na nosa escola o Samaín. Logo dunha semana terrorífica de contos na biblioteca , chegou o gran día. Na exposición das cabazas había efectos especiais: fume, música terrorífica e alguna sorpresa que dou máis de un susto a pequenos e maiores. Disfrazámonos, alguna profe metía medo de verdade, bailamos e cantamos todos xuntos no patio e logo, degustamos a merendola típica de Samaín grazas á xenerosidade das mamás e avoas que fan postres exquisitos. Os nenos/as de 3 anos gañaron o concurso de platos decorados que fixemos nas aulas e todos e todas pasámolo xenial!

 

 

 

 

 



XORNADAS PASÁMOLO DE MEDO 2018/2019

A ALIMENTACIÓN NON TEN DESPERDICIO

A ALIMENTACIÓN NON TEN DESPERDICIO”



O alumnado de 5º e 6º do noso centro participo na “1ª Semana contra o desperdicio alimentario” que se celebrou no marco da campaña “A alimentación non ten desperdicio”, organizada a nivel estatal pola Asociación de Empresas de Gran Consumo.

O obxectivo desta campaña nos centros educativos é sensibilizar e informar ó alumnado sobre o correcto uso dos alimentos, facéndoos conscientes de que o desperdicio dos mesmos non so implica mal gastar alimentos senón tamén auga e enerxía.

A actividade constou de catro partes:

  1. Un vídeo introdutorio sobre o problema que supón o desperdicio de alimentos e o que podemos facer para evitalo.

  2. Un test de preguntas sobre conceptos clave do desperdicio alimentario e a pegada ambiental dos alimentos.

  3. Unha chuvia de ideas con propostas para combater o desperdicio de alimentos.

  4. Unha presentación con cinco consellos para evitar o despilfarro.

 
   

XOGOS POPULARES NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

1º E 2º VAI DE MARISQUEO

O pasado 27 de abril os nenos7as de 1º e 2º fomos de excursión con "O sabor da Aventura está no

mar"

Que ben o pasamos axudando ás mariscadoras a recoller berberechos e ameixas na praia de Anido!

Logo fomos ao peirao de Muros e alí María e Antía, traballadoras da Cofradía, mostráronnos as

instalacións e o funcionamento da lonxa, tiñamos moito que descubrir e moitísimas preguntas que

facer.

Tamén fomos á fábrica de xeo e fixeron xeo para nós!! Pasámolo xenial e aí queda algunha fotiño

dese día tan divertido.

Congreso escolar Aliméntate ben 2018

Na xornada de mañán o alumnado de 6º de EP vai participar no primeiro 

Congreso escolar Aliméntate ben 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC, organizan o I Congreso Aliméntate ben. Neste congreso alumnado de toda Galicia dará a coñecer os proxectos que desenvolven nos seus centros arredor da promoción de hábitos de vida saudable a través da alimentación. Ademais, na sesión de tarde expoñeranse experiencias e modelos de boas prácticas para pequenos e grandes.

Data: 3 e 4 de maio de 2018
Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións (Santiago de Compostela)

 

Persoas destinatarias: alumnado, profesorado e familias

 

Detalle do programa:

  • xoves 3 de maio: actividades co alumnado de infantil e primaria
    • actividades educativas para o alumnado
    • pases explicativos dos proxectos presentados polos centros educativos
    • actividades lúdicas para os tempos de lecer
    • charlas para o profesorado e as familias (sesión de tarde)
    • entrega de premios
  • Deixamos enlazada a presentación que vai realizar o centro

"Ovos literarios"

Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP fomos visitar a biblioteca e a exposición de "ovos literarios " do Ies As Insuas... Para máis información poden visitar a súa web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesasinsuasmuros/node/1271

 

SUBCAMPIONAS GALEGAS DE BATEIS

 

Cariñoso recibimento tiveron hoxe as nosas remeiras ao chegar ao cole logo de quedar como

subcampionas no Campionato Galego de Bateis celebrado onte na Pobra. Un gran aplauso para

todas as subcampionas e todos os remeiros , que non son poucos, do noso cole. Parabéns e

agradecementos, como non pode ser doutro xeito, a ese marabilloso Clube de Remo Muros que tan

bo traballo fai cos nosos/as rapaces/as.

I CAMPIONATO DE PING-PONG RAMÓN DE ARTAZA

Ao longo do mes de marzo, no CEIP Ramón de Artaza, levouse a cabo o I Campionato

de Ping-Pong da man da profe Lidia Fernández. O pasado venres foi a final e onte, 16

de abril, fixemos a entrega de premios entre ovacións e aplausos de todo o alumnado. Aí

vos deixamos unhas fotiños de todos/as os gañadores aínda que, a verdadeira gañadora

foi A DEPORTIVIDADE xa que todos/as foron un exemplo de compañeirismo e bo talante

no xogo. Mención especial merecen tamén os árbitros que desenvolveron o seu traballo

coa seriedade e responsabilidade que se agardaba. Moitísimos parabéns a todos/as!!!!

Distribuir contido

        

 



by Dr. Radut