2º AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias!!!

Como levades o confinamento???

Publicamos outro video cunha canción, esta vez, en galego, dos meses do ano.

Ademais disto suxerimos que vos descarguedes, os que tedes tablet e/ou móbil unha serie de apps ou xogos, para que sexa máis ameno para os vosos fillos/as.

Tamén suxerimos outras actividades tales como: collage con revistas e/ou periódicos vellos,… ; algunha receta que logo, posteriormente degustedes; facer a lista da compra dos alimentos que ides consumir; facer recortes de alimentos e clasificalos en saudables e non saudables(aproveitando a nosa temática de cole); realizar a proposta dunha profe de 2º (Rosa Fdez): ART FOR KIDS en Youtube, os xogos propostos polos profes Alfonso e Lucia e máis a profe Rosa (Música),..

Por último, dicir que colgamos arquivos dos repasos das linguas e as matemáticas que os vosos fillos e fillas teñen na carpeta e que levaron para a casa no seu momento, por petición dalgunha familia interesada en facer exercicios similares aos que hai aí. (Porque xa estaban feitos , ou practicamente feitos nalgún caso, nos últimos días que tiveron clase connosco).

Facede clic AQUÍ , para acceder directamente aos recursos que se mencionaron.

Saúdos!

Os titores de 1º de Primaria