TAREFAS LUNS, 25 DE MAIO

Bo día!Que tal? Como estades?

Os luns sabemos que sempre costa un pouquiño máis, así que comezamos cun conto para alegrarvos o día.

Esta vez é Lucía a encargada de lernos o conto "Orellas de bolboreta", un conto precioso que nos fará reflexionar sobre a forma na que nos comportamos e actuamos cos demais. Moi atentos!

  

Agora contestade a estas sinxelas preguntas.

Ó rematar, continuamos con Lingua Castelá. Hoxe veremos que son "Os Dimutivos". Trátase dun contido moi sinxelo pero antes de facer os exercicios mirade este vídeo!

 

E xa para rematar, propoñémosvos un XOGO. Coñecedes o programa de televisión ¡Ahora caigo!? A maioría seguro que sí!Pois ben, hoxe repasaremos as táboas de multiplicar a través dese xogo, pensade ben as respostas antes de contestar para evitar caer. É moi divertido, probádeo!

E ata aquí, o traballo por hoxe!

Moi bo día!