Iniciar sesión

Educación Física

Acrosport en casa

Coñecedes o acrosport?  É unha actividade moi fermosa, sobre todo con moitos participantes.

Pero nesta ocasión queremos propoñervos un desafío na casa:  con dúas ou tres persoas (os que poidan), tentade facer algúns exercicios. Poñemos este video dun colexio de Extremadura como exemplo:

A que mola? Tedes que animar a toda a familia na casa. O noso desafío:

Compón as letras do abecedario que queiras, e envíanos unha foto ao correo:   efcaselles@gmail.com

Para iso escollede un fondo claro e neutro, se podedes.

Axudámosche con esta imaxe:

 

¨TIRO PORQUE ME TOCA¨

XOGOS EN FAMILIA

Bos días, podedes aproveitar no tempo libre para empregar os xogos de mesa, que seguro tedes na casa: parchís, oca, xadrez, tres en raia, catro en raia...

YOGGA PARA NENOS E NENAS

E para mover un pouco o corpo e relaxarse, outro vídeo de yogga moi divertido. Saúdos a todos e todas.

Ioga

Como complemento aos xogos, tamén podemos aprender a relaxarnos e poñer o noso corpo ben facendo algo de ioga,  Recomendámosvolo tamén para facer nalgunha sesión de educación física. Precisamos a axuda dos papis para guiar. Todos podemos!

Proposta de hoxe para os maiores

E aquí van as propostas para facer de terceiro a sexto. So precisades ter un par de dados para xogar. Seguro que hai na casa. Lede as indicacións e a disfrutar! (pinchando na imaxe)

Proposta de hoxe para primeiro e segundo (e tamén para os demáis)

Hoxe propoñemos ideas para traballar con globos. Pincha nos globos para ver as propostas

Vai tamén un video cun programa de adestramento completo!

Avións de papel

Con avións de papel podemos facer un estupendo exercicio de lanzamento.

Con que precisión podo lanzar?

Canta distancia percorre o meu avión?. Son capaz de facelo aterrar na mesa?

Podo controlar a traxectoria do avión co lanzamento?

Todas as respostas dependen da nosa habilidade lanzando, pero sobre todo, construíndo o avión.

Pero ten coidado:  non tiredes o avión pola ventá!!

Xogos no pasillo

Deixamos aquí unha colección de pins con propostas de xogos na casa. Unhas cintas, unha tiza, ou algo fácil de desmontar, e poderedes organizar actividades físicas cos vosos fillos.  

Vivir nun piso no é excusa para ter parados aos vosos fillos!

 

Xogos con corda e mans

Neste video tedes propostas de entretemento con corda. 

Permite desenvolver as vosas habilidades cos dedos, e a coordinación para conseguir lazos e redes.

Ah! e ademáis podedes practicar Inglés.

Non quededes atados!!