Iniciar sesión

Acrosport en casa

Coñecedes o acrosport?  É unha actividade moi fermosa, sobre todo con moitos participantes.

Pero nesta ocasión queremos propoñervos un desafío na casa:  con dúas ou tres persoas (os que poidan), tentade facer algúns exercicios. Poñemos este video dun colexio de Extremadura como exemplo:

A que mola? Tedes que animar a toda a familia na casa. O noso desafío:

Compón as letras do abecedario que queiras, e envíanos unha foto ao correo:   efcaselles@gmail.com

Para iso escollede un fondo claro e neutro, se podedes.

Axudámosche con esta imaxe: