Iniciar sesión

Educación Física

"EQUILIBRIO"

Ola a todos e todas!

Como nos pedistes algúns nas videoconferencias, imos propoñer un circuito de equilibrio.

Collemos un obxecto (cono, pauciño do xardín etc...) e facemos equilibrio con distintas partes do corpo.

Primeiro nunha man e logo cambiamos. 

Complicámolo facendo o mesmo e facendo zig-zag.

Por último o mesmo facendo equilibrio tamén sobre unha superficie que teñamos: troncos, sillas, banco etc... sempre baixo a supervisión dun papi.

A ver que tal vos sae. Non vos desanimedes pronto, e mandade foto!

efcaselles@gmail.com

 

"OS BOLOS"

 

Ola a todos e todas. Hoxe imos a xogar aos bolos. Aínda que non teñades este material, podedes facelos con materiais alternativos. Gardade botellas, bricks e decorádeos. 

Despois podedes empezar a derribalos cunha pelota. 

Ide contando os bolos que tiradas en cada xogada. Se podedes xogade con alguén, pero tamén podedes xogar vós sós.

Se nos queredes mandar algunha foto...

Saúdos a todas e todos.

"O FUTBOL TENIS"

Este xogo podedes facelo tanto no xardín como no pasillo da casa.

Poñede unha rede se tedes, e senón calquera obxecto que faga de rede e separe os dous campos.

Se estades no xardín empregade un balón de fútbol, e se estades no interior da casa un balón máis blandiño.

Consiste en golpear o balón co pé, e pasar por riba da rede. O contrario deberá devolvelo deixando no seu campo un só bote.

Se estades sós, intentádeo golpeando o balón coa parede, que bote unha vez e golpear de novo.

Espero que vos guste.

"ZUMBA"

Ola a todos e todas.

Hoxe toca un vídeo de zumba. Poñédevos todos a bailar...

E non vos esquezades de mandar o vídeo á nosa dirección de correo.

Gracias por participarSorriso

 

"AS ARAÑAS"

Bos días a todos e todas. Falando hoxe por videoconferencia cos de 3º, dixeron que lles gustan moito os circuitos. Así que imos a propoñer unha actividade de tecido de arañas. 

Tedes que intentar crear un tecido de araña con cintas ou papeles, pero sen estropear as superficies onde as peguedes (preguntar aos papis).

Despois tedes que intentar pasar polo medio sen tocar ese tecido. 

Desexamos que vos guste.

Non vos esquezades de mandar foto  ou vídeo ao noso correo electrónico: Efcaselles@gmail.com

"FORZA E RESISTENCIA"

Bos días a todos e todas. Despois desta ponte de descanso, tócanos poñernos en forma. Aínda que xa podemos saír un pouquiño á rúa, imos a traballar a forza e a resitencia.

Se queredes, seguídenos mandando ao noso correo fotos ou vídeos. Ánimo Marea Verde.

Video da xornada da educación física na casa

Aquí tedes o resultado da vosa participación. Disfrutade todos e todas. E a polo seguinte desafío!

"CIRCUITO"

Bos días a todos e todas.

Hoxe tócanos facer un circuito de habilidades.

Organizade un circuito o máis longo que poidades con distintos obxectos: sillas, botellas, xoguetes, caixas etc...

Terás que facer distintos movementos: saltar (pés xuntos, pata coxa), agacharse, reptar, cuadrupedias etc...

Con todo isto, mellorarás a forma física, coordinación e psicomotricidade.

Se podedes, mandade foto ao noso correo electrónico para ver o voso circuito.

Que o disfrutedes moito. Risa

 

"MÓVETE CONNOSCO NA CASA"

 

Ola chicos e chicas. O importante estos días de confinamento é movernos e seguir facendo Educación Física na casa dentro das nosas posibilidades.

Aquí vos deixo un vídeo para non deixar de moverse.

Saúdos a todas e todosRisa

 

PD:   Seguimos agardando os vosos bailes Owin o we.  Animádevos!

28 de abril: "DÍA EUROPEO DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA"

Ola Marea verde. Mellor dito sería "´Día da Educación Física na rúa", pero este ano pasarémola na casa. 

Non por elo imos a deixar de celebrar o noso día. 

Esperemos que todos e todas participedes facendo a vosa actividade deportiva favorita, ou ben das que vos colgamos no blogue, ou calquera outra. 

Se tedes chándal ou equipaxe do cole poñédeo. 

Mandade a vosa foto a: efcaselles@gmail.com

Despois verémolas todas xuntas.

A disfrutar co deporte. Risa