Blogues

AXUDAS MINISTERIO NEAE 2021-2022

AXUDAS NEAE MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2021 2022:

- Alumnado beneficiario: Capítulo 1. Artigos 1, 2 e 3 da convocatoria. 

- Énchese exclusivamente na Sede Electrónica.

- Entrega da documentación no centro escolar ata o xoves 30 de setembro inclusive.

PRAZO EXTRAORDINARIO PARA OS SERVIZOS MADRUGA E COMEDOR

INFORMACIÓN PARA OS INTERESADOS NOS SERVIZOS DE MADRUGA E COMEDOR:

 

INICIO DO CURSO 2021/2022

 

 Benvidos/as ao curso escolar 2021/2022.

As clases comezarán o xoves 9 de setembro para todo o alumnado, e desenrolaranse no seu horario habitual:

ENTRADAS:

1º, 3º e 4º ás 9.05h

2º, 5º e 6º entre as 8.50 e 9.00h

SAÍDAS:

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19. CURSO 2021-2022

Premendo aquí poderán ler o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, que servirá de guía para a elaboracións dos plans de centro que rexerán o desenrolo do curso actual.

REUNIÓNS DE NIVEL

Debido ás recomendacións sanitarias e educativas, non haberá reunións de inicio de curso, agás a de 1º nivel, por ser familias de nova incorporación ao centro. A mesma terá lugar o mércores 8 ás 10.30h no salón de actos do colexio. Virá só un familiar por escolar e non se pode traer aos nenos/as. Será obligatorio o uso de máscara así como a desinfección con solución alcohólica á entrada ao centro, ademais de manter a distancia de seguridade establecida.

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR

*As familias de 1º e 2º, se o desexan, poderán traer as bosas de material, pechada e co nome por fóra, o luns, martes ou mércores previos ao inicio do curso. Quen non o traia eses días o traerá o xoves, primeiro día de clase.

INFORMACIÓN SERVIZO DE COMEDOR DA FANPA (EMPRESA ARUME) CURSO 21_22

Dende a empresa que se encarga do comedor escolar (ARUME) dependente da FANPA, envían a información relativa ao uso do servizo de comedor escolar.

 

RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO E VALES DE MATERIAL DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Aquelas familias que teñan concedido o vale de material e/ou os libros de texto para 3º ou 4º de primaria, poderán pasar polo colexio a recollelos os días 2 e 3 de setembro. Deberá vir un adulto para asinar a recollida. No caso de non poder vir o/a titor/a do escolar, poderá mandar a outra persoa con autorización onde conste o nome e o DNI.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

DÍA 9 DE XULLO: publicación de listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.

DÍA 14 DE XULLO: publicación de listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as.

Poden consultar as listaxes na WEB  da XUNTA : EDUCACION>FONDOLIBROS>CIDADÁN, no taboleiro do vestíbulo do centro ou ben chamando aos teléfonos 886159195/886159191.

ENTREGA DE VALES:

DÍA 14 de XULLO, de 10:00h ata 13:45h: ALUMNADO QUE VAI CURSAR 1º.

DÍA 15 de XULLO, de 10:00h ata 13:45h: ALUMNADO QUE VAI CURSAR 2º.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

Aquí poden ver a listaxe dos libros de texto que se van a usar durante o curso 2021/22. A listaxe do material será publicada nos primeiros días do mes de setembro.

Distribuir contido