REUNIÓNS DE NIVEL

Debido ás recomendacións sanitarias e educativas, non haberá reunións de inicio de curso, agás a de 1º nivel, por ser familias de nova incorporación ao centro. A mesma terá lugar o mércores 8 ás 10.30h no salón de actos do colexio. Virá só un familiar por escolar e non se pode traer aos nenos/as. Será obligatorio o uso de máscara así como a desinfección con solución alcohólica á entrada ao centro, ademais de manter a distancia de seguridade establecida.

Unha vez comezado o curso, as titoras/es dos restantes niveis, irán informándolles das normas para a organización do presente curso escolar, así como de posibles reunións de titorías.

É imprescindible descargar a aplicación AbalarMóbil, ademais de estar pendente da páxina web do centro, xa que lles iremos informando por estas canles.

 

GRAZAS E BENVIDOS AO CEP MARCOS DA PORTELA!