Familias

La importancia del estudio

Dende o equipo de orientación do cep de ventín deixamosvos un último documento (en formato PDF) relacionado coa importancia do estudo.

Ata pronto e que teñades un bo verán.

(como sempre o arquivo está por aquí abaixo)

Día Mundial contra o traballo infantil (12 de xuño)

Por este curso o Departamento de Orientación despídese con esta última entrega, esperamos que vos gustasen as propostas e vos axudasen. Un abrazo a todos/as!!!

Máis abaixo poderedes descargar os arquivos adxuntos.

Lecturas dirixidas aos nosos fillos/as e relacionadas coa alimentación.

Con motivo do Día Mundial da Alimentación (16 de outubro) o Departamento de Orientación déixavos unhas suxestións sobre algúns libros relacionados coa temática e clasificados por idades, que esperamos que vos gusten. Ata pronto!

 

Preme no arquivo adxunto e poderás descargalo documento!!!!!→

Charlas informativas de ASPANAES

En relación co Día de concienciación do autismo (2 de abril), dende o Departamento de Orientación organizáronse varias charlas informativas para o profesorado do noso centro e para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

Estas charlas foron impartidas polo profesorado do colexio de ASPANAES xa que este centro conta con alumnos en escolarización combinada co noso centro.

A experiencia foi moi gratificante.

Aquí vos deixamos un video con imaxes da charla ao alumnado.

Desplegable do mapa educativo

No seguinte desplegable pódese ver un resumo do actual sistema educativo español, para velo preme aquí.

Distribuir contido