Skip to Content

Impreso autodeclaración comedor curso 2024-25 Enlace

Información fin de curso Enlace

Entroido

Festival Entroido Olímpico 2024

Preparados, listos, xa!

As delegacións de cada nivel desfilaron amosando os seus disfraces olímpicos, amenizaron ao público coas súas coreografías e procedeuse á clausura destas olimpíadas entroidescas coa lectura das acusacións e o xuízo ao Meco que, grazas ao temporal, se librou da queima.

Non faltaron os doces típìcos desta celebración achegados polas familias para a súa degustación. Agradecemos a vosa colaboración na organización do festival e a achega de doces.

E tampouco faltou o posado no noso photocall: enlace á galería fotográfica

Viva o Entroido! Festa rachada!

Festival

ENTROIDANDO NA REDE!

Non puideches connosco, Meco!

Nin a chuvia, nin as obras do pavillón, nin ese virus que nos mandaches conseguiron acabar coa nosa ilusión e creatividade!

Non houbo desfile pero si música e coreografías con todas as medidas de seguridade para celebrar este Entroido virtual que queremos compartir con toda a comunidade educativa.

E purgarás as túas falcatruadas no lume, Meco malvado! Arderás e as túas cinzas voarán polo mundo adiante ata o próximo Entroido.

Viva o Entroido! Festa rachada!!!

 

Benvida do Meco

Xa chegou o día tan esperado por todos e todas!

O Meco xa está no cole e este curso deixaranos todos os días a súa mensaxe na páxina para que saibamos as súas ordes.

Comeza o tempo de troula asi que xa sabedes, facerlle caso e imos divertirnos...con sentidiño!

 

Entroido

UN ENTROIDO CON PEGADA - 2019

Chegou o día do festival de Entroido tras aguantar as falcatruadas do Meco que, agochado tras unha máscara do pintor Dalí, dedicouse a mandar e amolar durante toda a semana. Pero antes do desfile tocaba coller forzas cun chouripán organizado pola ANPA.

E desfilaron e bailaron a ritmo de música disfrazados de  homes e mulleres con pegada que representaban personaxes ou temáticas relacionados co proxecto de centro.

Finalizamos coas acusacións antes de que ese condanado Meco volvese a converterse en cinzas que viaxarán co vento ata que o próximo Entroido retornen para reencarnar a un novo Meco.

Viva o Entroido! Festa rachada!

 Ver fotos

Entroido 2018

O ENTROIDO DA RECONQUISTA

Febreiro, febreiriño, tráenos un bo Entroidiño!

E comezou, coma sempre, o Meco que nos trouxo de cabeza cos seus...MANDADOS!!!

Coma sempre cumprimos espectacularmente as súas ordes.

Ver fotos

 

E o Meco, querendo amolar ata o último momento, conxurouse cos elementos para traernos unha chuvia persistente á que o noso alumnado plantou cara saíndo a desfilar polas rúas do barrio ante a atenta mirada das súas familias e demais veciños e veciñas que tomaron connosco as rúas.

E desfilaron os distintos gremios da época da Reconquista (verduleiros, cesteiros, xente do mar, canteiros e cantineiros) escoltados polo exército francés, a pé e a cabalo.

E, á volta, a repoñer forzas e facer as acusacións ao Meco que, como non podía ser doutro xeito, acabou na fogueira e as súas cinzas voarán polo mundo adiante ata que no próximo entroido volva renacer...

*Moitas grazas a todas as persoas que colaborastes para que esta celebración fose posible.

Viva o Entroido! Festa rachada!

Ver as fotos

O Merdeiro

 O ENTROIDO VIGUÉS

Dentro  das actividades enmarcadas no Proxecto de Centro Xela, Celio e Merlín na Reconquista, contamos coa visita da Asociación Etnográfica a Merdeira.

O alumnado de 6º e 2º gozou dunha interesante charla sobre a figura dun personaxe do entroido vigués O Merdeiro, a cal está sendo recuperada por esta asociación convidada polo noso centro para achegarnos a esa antiga tradición.

Ver fotos

Festival entroido 2016

FESTIVAL ENTROIDO 2016

DE TROULA POLO MUNDO

Ai, Meco, que por moito que nos amolaches non te libraches da queima! Ardiches, si, ardiches para deleite do público que te acusou de todos os males do mundo. Lume ao Meco, viva o entroido!

 

Ás 11.30 o público asistiu a un desfile internacional con representantes de países de distintos continentes acompañados dunhas cariñas moi especiais procedentes da escola infantil Cristo da Victoria.

Primeiro saltou á pista unha tribu africana que encheu o pabillón de ritmo cunha danza salvaxe, volvimos á calma cun baile chileno, viaxamos ao país do sol nacente cunha coreografía con abanicos, chegou o turno de Rusia coa súa danza acrobática, sombreiros vaqueiros e pistolas do salvaxe oeste nun baile country, o exotismo do mundo árabe invadiu o escenario e, finalmente, a nosa terra tivo o seu protagonismo coa interpretación dunha muiñeira que foi de súpeto interrumpida por un astronauta procedente da lúa que trouxo consigo ritmos máis modernos.

 

Ver todas as fotos

Festival Entroido 2015

FESTIVAL ENTROIDO 2015

A RITMO DE HISTORIA!

Maldito Meco que trouxeches a chuvia para estragarnos a festa e escapar da fogueira!!!

Mais non saíches coa túa, non, porque en Galicia a chuvia é arte e, para arte, a nosa que ensaiamos moito para gozar deste día de festa a ritmo de historia.

Deixamos fóra o mal tempo e enchemos o pavillón de colorido e música con desfiles e bailes, acompañados do profesorado e alumnado da EEI Cristo da Victoria. Asistimos xuntos á chegada de tribus trogloditas, vivimos unha de romanos, sobrevivimos a un desembarco vikingo, bailamos unha danza medieval, invadiunos un momento hippie de "paz e amor", botámoslle unha ollada ao futuro cheo de robots e saltaron á pista un grupo de rapeiros con caras sospeitosamente coñecidas.

E chegou o teu momento: ardiches e consumícheste para purgar todas as falcatruadas que nos fixeches durante esta semana. Viva o Entroido! Festa rachada!!!

 Ver fotos

Desfile entroido 2014

DESFILE ENTROIDO 2014

 

Este ano, entre nubes de chuvia, froitas e hortalizas, insectos, espantallos, agricultores e xardineiros, celebrouse un entroido moi agrario.

Os rapaces e rapazas de infantil tampoco quixeron perderse a nosa festa, e viñeron disfrazados de pintores de acordo co seu proxecto.

 
Preme aquí para ver as fotos
 
Reportaxe videográfica

Entroido 2013

 ENTROIDO 2013

O entroido chegou ao colexio cos mandatos do Meco, que se paseou polas clases vixiando que se cumprisen as súas ordes. O primeiro foi moi orixinal: disfrazar a un boneco de papel feito nas aulas. O noso alumnado e as súas familias puxéronse mans á obra e a entrada do centro acolleu unha orixinal e divertida exposición de disfraces.
 

 

O venres día 8 de febreiro celebramos o noso habitual festival de Entroido a todo ritmo. Este curso centramos as nosas actuacións nos diferentes estilos musicais e bailamos desde unha tradicional Polka a un clásico do Heavy Metal. Tamén contamos cunha salvaxe actuación de nais e pais da ANPA e cunha parodia do grupo Tricicle interpretada por tres personaxes habituais do centro.

 

Ver fotos

Para finalizar lémoslle as acusacións ao Meco e preguntámoslle ao público se quería que fose indultado. Sabes cal foi o veredicto? Si, acertaches: queimalo!

Distribuir contido


Tfno: 986 29 80 58 - Fax: 986 24 42 49

Rúa O Porriño s/n - 36209, Vigo - Pontevedra

by Dr. Radut