Contidos
VAMOS AO LUAR!!!
O pasado día 1 de marzo, o alumnado de 3º e 4º nivel acudiu ao programa da TVG, LUAR para bailar a canción de Luis Prego "O señor da serra". Durante toda a semana anterior estivemos ensaiando coa mestra Paqui a coreografía que ian bailar, esforzáronse moitísimo pois era pouco o tempo que había para ensaiar e tiñan que facelo xenial.
Ese día, pola tarde, a iso das 17:00h veu un autobús a buscarnos xunto coas mestras PAqui, Luz, Belén e Silvia que viñeron con nós. Chegamos a Santiago e nos mandaron diretamente para o noso camerino, ao noso lado había outros grupos que tamén ian actuar: a banda de gaitas de Paramos e un grupo que ia mostrar o entroido do seu pobo, unha das súas máscaras estivo tooooodo o tempo meténdose con nós, foi moi divertido!!!
Viu Luis Prego e estivemos a ensaiar con el, cada vez nos poñiamos mais nerviosos, especialmente cando nos tocou ir ao plató a ensaiar, alí estaba Gayoso!!! e botou con nós un baile .
Na viaxe de volta, as mestras ian "apostando" a ver cantos de nós quedariamos durmidos no autobús e perderon!!! Deberon durmir como seis nen@a os demás estivemos espertos toooda a viaxe, e aínda queriamos parar na área de servizo da autopista pero estaba pechada, que mágoa. Iso si, os que durmiron logo non había xeito de espertalos!!.Cando chegamos á escola eran case as 2 da mañá, menos mal que ao día seguinte non había escola!!!
Que ben o pasamos!! deixámosvos un enlace para que o poidades ver, esperamos que vos guste...