A continuación patillamos o vídeo que montamos con todas as fotos que nos mandástedes as familias e cos traballos feitos nas titorías para celebrar o Día de Rosalía e coa que participamos na iniciativa convocado pola AELG e que este ano levaba como lema #AbrideAFiestra.
Este ano, todos os niveis do cole, desenvolveremos un proxecto que ten por título a Ciencia ten nome de muller.
Unha das actividades que temos programadas é estudar, cada nivel, a vida e obra dunha científica galega. Nós @s de 3º, imos traballar a redor da vida e obra de Ángeles Alvariño.
Neste Symbaloo podedes atopar varios enlaces a materiais relacionados con esta fascinante muller.