Skip to Content

Animación á lectura 2021/22

ENTREGA DE AGASALLOS AOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA.

O mércores 25 de maio fixemos entrega dun agasallo aos axudantes de biblioteca deste curso.

 

SESIÓNS DE CONTACONTOS ENTRE O ALUMNADO DO COLEXIO

O alumnado de 6º preparou os contos "Chocolata", "A que sabe a Lúa", "A casa da mosca chosca" e "O país dos mandóns" para as sesións de contacontos que tiveron co alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria.

O alumnado de 2º de primaria estivo na aula de 6º A e fixo a sesión de contacontos aos maiores co conto "Brancos e negros". Tamén nos recitaron "Parece unha rosa".

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Celebramos o Día do Libro na biblioteca.

Fixemos lecturas en galego, castelán e inglés.

Elaboramos uns murais moi bonitos.

 

ANUNCIOS PUBLICITARIOS

O alumnado de 6º A fixo anuncios publicitarios. Deixamos aquí unha mostra deles.

Pica na imaxe.

NA BIBLIOTECA ADEMAIS DE LER FACEMOS OUTRAS COUSAS

O alumnado de 1º da profesora Anaís estivo na biblioteca xogando ao dominó e ao xadrez.

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA

Celebramos o Día da Poesía recitando poemas na biblioteca e nas aulas.

Pica aquípara ver o 1º vídeo.

Pica aquí para ver o 2º vídeo.

SEMANA DA PRENSA

No mes de marzo celebramos a Semana da Prensa no colexio.

Pica aquí para consultar a información sobre as características dun xornal.

Traballamos nas aulas cos xornais e elaboramos as nosas noticias.

 

8 MARZO 2022

O alumnado de 6ºA fixo un traballo sobre as artistas plásticas galegas.

Podedes ver o Genially que elaboramos picando na imaxe.

 

Aproveitamos e fixemos un mural co traballo para a entrada da biblioteca.

 

O alumnado de 6º B fixo tamén un traballo para o 8 de marzo.

O alumnado de Valores de 6º A realizou un traballo sobre a muller nos Xogos Olímpicos.

A ANPA elaborou un mural con libros para traballar a igualdade.

 

 O alumnado levou un folleto para a casa con esta información.

NOVAS ADQUISICIÓNS DE FONDOS

Fixemos novas adquisicións para os fondos da biblioteca. Aquí tedes uns poucos.

SESIÓN DE CONTACONTOS CON BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA

Este martes día 8 o alumnado de 2º tivo na biblioteca unha sesión de contacontos con Benxamín Míguez Novoa.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

 

O 8 de marzo celébrase o Día da Muller. Aquí tedes algúns vídeos.

Guadi Galego - Matriarcas

 

Fixemos unha selección de libros relacionados coa muller. Hai varias biografías, contos que nos fan ver a discriminación da muller, contos nos que a protagonista é feminina... Para que todo o alumnado poida ver estes días e reflexionar sobre a igualdade de xénero.

 

VISITA DE PERE TOBARUELA AO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O luns 21 de febreiro visitounos o escritor Pere Tobaruela, autor de "FORMIG4S, Misión Santiago de Compostela". Estivo co alumnado de 6º de primaria. 

 

23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Temos na biblioteca unha serie de libros seleccionados da escritora galega.

 

 

O alumnado de 2º B recitou o poema "Parece unha rosa".. Pica na imaxe da camelia para velo.

 

 Fixemos varios murais para celebrar este día.

 

 

 

O alumnado de 4º A recitou un poema de Rosalía mentres outros compañeiros o signaron en lingua de signos. Podes picar na imaxe para ver o vídeo.

 

11 DE FEBREIRO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro celébrase o Día da muller e a nena na ciencia. Pica aquí para ver o vídeo.

 

Unha ducia de mulleres ciéntificas galegas.

21 ciéntíficas galegas que tes que coñecer.

 

 

 

POLO CORREO DO VENTO

O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria tivo sesión de contacontos con Polo Correo do Vento.

 

 

Día da Paz

Celebramos o Día da Paz realizando diferentes murais e investigando sobre Gandhi.

 

 

 

Coa profe Laura escribimos co noso corpo palabras relacionadas coa PAZ.

DÍA DA PAZ (ACTIVIDADES)

LIBROS PARA NADAL

Pica na imaxe para ver os libros recomendados dende a biblioteca.

 

3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar o 3 de decembro, Día das persoas con discapacidade, fixemos un traballo na clase sobre a discapacidade no deporte.

Pica na imaxe para visualizala.

 

 

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Novembro, mes da ciencia na biblioteca.

Queremos compartir con vós información sobre 21 mulleres científicas que deberiamos coñecer:

https://www.gciencia.com/8m/21-cientificas-galegas-que-tes-que-conecer/

RECURSOS PARA O 25 DE NOVEMBRO

 

Presentámosvos varios recursos que se poden utilizar para traballar aspectos como a igualdade, o empoderamento, o respecto e a empatía. Pinchade na imaxe para acceder.

 

DÍA DO LECTOR

Celebramos o Día do Lector lendo nas aulas o libro de Neira Vilas "Memorias dun neno labrego".

Se queres ver as fotos pica na imaxe.

 

CONTOS TERRORÍFICOS

O alumnado de primaria creou as súas propias historias de medo para logo compartilas cos seus compañeiros e compañeiras.

 

 

NOVOS LIBROS PARA A BIBLIOTECA

Mercamos novos libros para a biblioteca. Estes son algúns deles.

FORMACIÓN DE AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Fixemos a reunión cos axudantes de biblioteca deste curso. Colaboran coa biblioteca alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.

LECTURAS POLO SAMAÍN

Estas son as nosas lecturas recomendadas polo Samaín.

 Picade aquí para ver máis lecturas de medo.

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

O venres 22 de outubro comezamos coas Mochilas Viaxeiras. Este curso temos dúas por aula. O alumno/a ao que lle corresponda levala terá a mochila durante unha semana na súa casa. Cando a traia ao colexio porase en funcionamento a segunda mochila, mentras a que chegou ao cole queda en coarentena.

LIBROS DE MEDO

 Neste expositor da biblioteca colocamos moitos libros terroríficos para celebrar o Samaín e o Halloween.

 

MULLERES ESCRITORAS

 O 19 de outubro celebramos o día Das Mulleres Escritoras.

 Carmen Quinteiro deu unha charla ao alumnado de 6ºA.

 Na biblioteca fixemos un mural con diferentes escritoras galegas.

En inglés investigamos sobre escritoras galegas. Fixemos unha descrición das escritoras e buscamos as súas obras máis importantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut